O pasado martes día 11 de novembro o alumnado de 4º da ESO 2º de bacharelato do I.E.S. Félix Muriel viaxou a Santiago de Compostela ao colexio privado La Salle para ver unha representación teatral sobre a xeración do 27. Había alumnos doutros centros, eramos sobre uns seiscentos rapaces na sala.
A historia deste castelo reflexa moi ben todos os acontecementos que sucederon en Galicia dende o século XIII ata os nosos días.
Ola! Son Antón, e xunto a Marta e David intentamos salvar o presente e o futuro dos nosos fillos.
Estarédesvos preguntando de quen queremos salvalo e por que. Pois queremos salvar o futuro de Xose, un home que neste presente é millonario que se quere apoderar de todo.
Marina comparte con todos nós as súas lembranzas como estudante no IES Felix Muriel.
Celebración de Santa Icía na comarca
Como xa saberedes, o sábado 22 de novembro é o día de Santa Icía, patroa dos músicos, e como ben sendo habitual nestas datas, haberá actuacións musicais practicamente en tódolos recunchos das vilas. Para quen queira disfrutar de música en vivo nesta fin de semana, aí van algunhas ideas:
Hoxe venres 21, ás 20.30 h. no Coliseo Noela de Noia, a Compañía Lírica de Galicia ofrecerá un concertó de ópera e zarzuela.
O sábado 22 na Igrexa de San Martiño, tamén en Noia, actuarán a Coral noiesa, o Coro da Escola de Música de Carnota e a Coral Polifónica de Bugallido.
En Ribeira, a Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial, celebrará na igrexa parroquial un festival no que participarán, ademais de dita coral, a Coral San Xoán de Serres e a Coral Baldomar de Boiro.
Na Sala Ardora de Porto do Son actuará o dúo Dandys Acústicos de Queiruga.
O domingo 23, tamén na igrexa de Noia, ás 20.30 h. a Banda Municipal de Lousame, dará o concertó de clausura.
En Mazaricos actuará o grupo de pandereteiras Leilía a partires das 17.00 horas.
O día 8 de novembro realizouse o magosto no instituto. Tivemos sorte e fixo un día moi bo. No magosto houbo xogos típicos clásicos, como son a chave, a petanca, os zancos, o tiro da corda…..
Ademais, tamén había unha “play”, cos xogos do karaoke.
Seguro que todos/as vós coñecedes a alguén que ronca, pois debedes saber que detrás dos ronquidos hai, como mínimo, unha obstrución nalgún lugar da vía aérea; podendo chegar a ser unha enfermidade como a que vos presento a continuación, que pode desencadear, se non se trata, ata un infarto ou unha embolia cerebral.
Ola a todo o mundo, xa ai un mes que estreamos este curso e aínda que parece que o centro está tranquilo non vos fiedes, isto empézase a mover, estanse a preparar moitas actividades desas que nos gustan a todos/as, as saídas fóra do centro, para saír do ambiente de todos os días. Para que vaiades facendo plans mostrámosvos cales son as actividades previstas para este primeiro trimestre.