Imaxe de cabeceira

O pasado xoves 27 de novembro, visitou o instituto Félix Muriel  un cantante de rock bravú, un locutor da Radio Galega, un presentador, un falador incondicional, un acordeonista… Non sei se me queda alguén polo camiño. O que si sei é que o escenario do salón de actos do instituto estaría a botar por fóra de non ser porque ese todo talento estaba concentrado nunha soa persoa: o inconfundíbel, inesquecíbel e incomparábel Xurxo Souto.

 

O venres 21 de novembro celebrouse o segundo Certame de Bandas de Galicia, no que participaron seis bandas, entre elas, a banda da Escola de Música de Rianxo, que ademais gañou o primeiro premio.

Na nosa comunidade dúas das tres plantas de xestión de residuos sólidos urbanos están actualmente saturadas, só os residuos de O Barbanza logran ser tratados. SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente)   a empresa que xestiona  o 80% de todos os residuos urbanos que se producen na nosa comunidade, apila nun  vertedoiro próximo ás súas instalacións máis de dous millóns de toneladas de lixo  xa que non pode tratar todo o que recibe.

O E.N.D.L do I.E.S Félix Muriel, segue traballando no proxecto comezado no curso 2007/08.


Este xoves pasado, 27 de novembro,  aproveitamos a presenza da Xurxo Souto no IES para presentar o noso CD “Os quinse máis votados”.

A idea de realizar este traballo xurdiu no ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo o curso 2007-2008 para dar a coñecer distintos estilos musicais, diferentes grupos e cancións que se poden facer no noso idioma.

Como primeiro paso elaboramos unha lista de 100 grupos e intérpretes que cantaban en galego e pasamos a facer unha votación popular para seleccionar aqueles preferidos entre o noso alumnado, de aí xurdiu esta recompilación, escollendo os 15 grupos máis votados, xa que a partir dese número as puntuacións de cada candidato eran pouco representativas. De feito, mesmo houbo unha diferenza de votos considerable entre os tres primeiros e os restantes, polo que decidimos seleccionar varias cancións deses grupos primeiros e só unha dos demais.

Como complemento ás audicións quixemos completar ese traballo salientando algúns datos de interese de tódolos grupos, e máis xuntar as letras das cancións gravadas.

O galego empregado non é o normativo pero consideramos que iso non é o máis importante, senón comprobar que a nosa lingua segue viva e está presente nos distintos estilos musicais, non só no folk co que máis se adoita relacionar, senón tamén no rock, no reggae, no rap…

Á hora de ordenar as pezas presentáronsenos varias posibilidades:

  1. O número de votos, pero varios grupos estaban co mesmo número, polo que despois teriamos que ter usado outro criterio.
  2. Os estilos musicais, pero pareceunos que sería máis monótono escoitar de seguido grupos “semellantes” e ademais, que estilo poñiamos de primeiro?
  3. A orde alfabética, pola que finalmente nos decidimos, xa que así os estilos irían de xeito aleatorio e non se lle daban matices de importancia.

Na selección das pezas fixemos outra consulta popular das cancións preferidas entre o alumnado, consultamos aos grupos e tamén nos pareceu interesante incluír algunha peza do último traballo publicado de cada grupo, aínda que non fosen as pezas máis coñecidas e populares e, finalmente, este foi o resultado que esperamos sexa do agrado de todos e todas.

 Agradecementos a quen participou na iniciativa, así coma aos grupos que nos deron o seu permiso para a realización deste proxecto.

O pasado día 8 de novembro de 2008 Isaac Díaz Pardo foi nomeado Fillo Adoptivo de Rianxo.

A viaxe cultural a París, organizada polo Departamento de Francés, conecta directamente coa programación da materia de Historia Contemporánea de 1º Bacharelato. Concretamente coa unidade didáctica nº 2: “As transformacións políticas: a fin do Antigo Réxime e a Ilustración. As revolucións liberais. Os nacionalismos”. Os contidos conceptuais deste tema son: O Antigo Réxime. A Revolución Francesa e a Europa napoleónica. A Europa da Restauración. As revolucións de 1820, 1830 e 1848.

A República Federativa do Brasil é o maior e máis poboado país de América do Sur. Linda principalmente con Venezuela ao Norte, ó Sur  fai fronteira con Arxentina e Paraguai, ao oeste con Bolivia e Perú, e ao noroeste con Colombia.

2290 Artigos |   | 1  |   | 279  | 280  | 281  | 282  | 283  | 284  | 285  | 286  | 287  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.