Ola!
Chámome Lucía e teño 16 anos. Vou en primeiro de bacharelato por letras puras.
Encántame todo o relacionado co mundo da música e do cine.
Entre as miñas paixóns destacan escribir e cantar.
Considérome unha rapaza alegre, moi tímida, con bastante mal humor e moi infantil por veces.Á parte, odio a falsidade e a intolerancia.
Pois nada máis, espero coñecervos moi pronto!
Ola!
O meu nome é Lorena, teño casi 17 anos e curso primeiro de bacharelato polo itinerario de ciencias puras.
As miñas grandes paixóns son o baile e o debuxo. Gústame estar coas miñas amigas, a fotografía e a festa!
Non soporto a falsidade. Considérome unha rapaza extrovertida, bastante simpática e moi perfeccionista.
Iso é todo. Espero coñecervos a todos moi pronto!
A Misión Biolóxica de Galiza do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) ven de realizar un estudo no que conclúe que “as nabizas e os grelos son alimentos funcionais”. Un alimento considérase funcional cando, ademais de destacar polas súas propiedades nutritivas, contén certos elementos, cuxo consumo diario dentro dunha dieta equilibrada contribúe a manter ou mellorar o noso estado de saúde e benestar. No citado estudo demostrouse que o grelo e a nabiza teñen propiedades anticanceríxenas e antioxidantes. A clave está na presenza dunhas sustancias denominadas glucosinolatos, que ademais de proporcionar o sabor amargo característico destas plantas son tamén as que gardan as súas propiedades saudables. O traballo analiza as variables que afectan ás propiedades agronómicas e as características organolépticas, a súa textura e o seu sabor e como lle afectan as características climatolóxicas e como as diferentes técnicas de cociñado afectan ás propiedades nutritivas destas verduras.
Mozambique é un país do sureste de África, á beira do océano Índico. Limita ó norte con Tanzania e Malawi, ó noreste con Zambia, ó oeste con Zimbabwe e ó sur con Suráfrica.
O seu sistema político é unha democracia multipartidista, cuxo actual presidente é Armando Emílio Guebuza.
O seu territorio ocupa unha extensión de 799.380 km2 e está dividido en dez provincias: Niassa, Cabo Delgado e Mampula ó norte; Zambézia, Tete, Manica e Sofala no centro e Inhambane, Gaza e Maputo ó sur, sendo esta última a súa capital. Ten unha poboación de 19.406.700 persoas.
É membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa e ,polo tanto, a súa lingua oficial é o portugués. Foi colonizado por Portugal no século XVI. Conseguiu independizarse o 25 de xuño 1975 pola acción da guerrilla e pola Revolución dos Caraveis (revoluçao dos cravos) en Portugal.
O portugués é a lingua oficial de Mozambique, pero tamén ten máis de quince linguas nativas, coma o suailí ou o zulú.
OLA!!!!!!
BOAS!!!!!!
Chámome Adrián Sobradelo Suárez. Teño 13 anos e vou en 2º de E.S.O.
Son membro do ENDL desde este curso.
As miñas afeccións son: o tenis e a patinaxe. Dos estudos gústanme as matemáticas.
Ola!
Chámome Isabel, teño 15 anos.
Estou cursando 4º da ESO e na miña clase están os meus mellores amigos e amigas. Son membro do ENDL dende o ano pasado.
Ós membros do ENDL gústanos estar pendentes de todo o que teña que ver co noso proxecto No meu mar, na miña lingua, que ten como un dos seus obxectivos principais recuperar e difundir léxico relacionado cos deportes marítimos e con actividades desenvolvidas no mar.
Desta vez ofrecémosvos dous enlaces de interese e que gardan relación co noso proxecto:
http://www.udc.es/snl/
Vocabulario deportivo, elaborado por Iván Méndez López, que ofrece a Universidade da Coruña na súa páxina e que se pode descargar en pdf.
http://heroinasdesalvora.
Blog onde se expoñen os traballos realizados no CEIP Aguiño de Ribeira, que teñen o mar, as sereas, as cantigas mariñeiras como fío condutor na maior parte deles.