Ola!
Chámome Ana e teño 14 anos. Son unha persoa con moitas afeccións; gústame moito a música. Paso moito tempo escoitando CDs dos meus grupos favoritos: Jonas Brothers, Miley Cyrus, Rihouma, LODVG, Demi Lobato, El canto del loco… e moitos máis!!
Tamén me gusta tocar a guitarra e o piano, aínda que estou aprendendo.
Os meus programas favoritos son Fama, El internado …
Son amiga de Nerea, Sara, Adrián, Vivi, María, Alex, Nacho, Sandra e Paula, aínda que non todos van ó intercambio.
Chao!
A República de Cabo Verde sitúase no Océano Atlántico, no extremo occidental de África. É un arquipélago de orixe volcánica, fronte ás costas de Senegal. As 10 illas e 5 illotes estaban deshabitadas ata que foron descubertas no século XV polos portugueses. A maior parte dos actuais habitantes de Cabo Verde descenden de dous grupos: colonizadores e escravos.
A súa capital é Cidade de Praia, situada na illa de Santiago. Cobre unha extensión de 4033 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 499796 habitantes, e unha densidade de poboación de 118 habitantes por quilómetro cadrado. A nacionalidade dos seus habitantes é a de caboverdiano.
O seu presidente actual é Pedro Pires.
Lograron a independencia de Portugal na década de 1970.
A moitos deportistas do país gustaríalle reivindicar o uso do galego no mundo do deporte. Precisamente isto é o que se quere conseguir co ‘Manifesto polo deporte galego en galego’, iniciativa impulsada pola Vicerreitoría de Cultura da USC e a Fundación AZKAR.
Na noite do martes pasado (3 de febreiro) celebrouse unha reunión no Colexio de Fonseca na que estiveron presentes, entre outros, o vicerreitor de Cultura da USC, o xerente da Fundación AZKAR, a directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia , o xefe de Deportes da Radio Galega, e a ciclista Eva Castro, onde presentaron o Foro do Deporte Galego en Galego, que arrinca co compromiso de que “a nosa lingua común sexa a nosa forma habitual de expresión, o galego que nos une”.
O alumnado de 3º e 4º da ESO do I.E.S. Félix Muriel fomos de excursión o pasado mércores 21 de xaneiro ó auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) para asistir a un concerto da Real Filarmonía de Galicia.
O día 27 de xaneiro houbo un obradoiro sobre Hip Hop.
Aínda que eu cheguei algo tarde, o que escoitei encantoume.
Os que fixeron o obradoiro eran dous rapaces novos, de 20 a 25 anos máis ou menos. Chamábanse Carlos e Martín e son compoñentes dun grupo chamado Machina.
O outro facía rap, e explicounos o necesario para facer unha rimada.
Ao final entre todos, intentamos facer unha rimada, pero acabaron facéndoa eles.
Grazas a todas as familias, tamén a Federación Galega de Confradías de Pescadores, e a consellería de Pesca, que prestaron a súa colaboración ao proxecto de dixitalización de varios álbums de fotos relacionados cos seus familiares mariñeiros, o Museo do Mar de Galicia presentou este mes de decembro os resultados destes álbums na rede co título (A memoria do mar). A memoria do mar, foi realizado maiormente coa colaboración da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, que xuntou arredor de 4.000 imaxes, estas proceden de máis de 200 doadores, en 25 localidades da costa (A Guarda, Muros, Rianxo, Moaña e outros. As imaxes foron dixitalizadas en alta resolución, e subidas, a baixa resolución, a un catálogo que pode ser consultado por quen o desexe na páxina web do Museo do Mar de Galicia (www.museodomar.com/gl). Nesta páxina ademais de toda a información referente ao mundo do mar galego, pódese encontrar o blog coas imaxes do proxecto, con cadansúa breve explicación do lugar e significado da imaxe, xunto con moita información con artigos sobre a pesca no pasado.
O Castro de San Cibrao De Las é o máis grande de Galicia
O xoves 29 de xaneiro tivo lugar na sala de usos múltiples do IES “Félix Muriel” a exposición da colección privada “eXXpo press, cen anos de actualidade” do xornalista estradense Suso Souto, delegado do Correo Gallego en Ribeira, onde tamén forma parte da directiva do Ateneo Valle-Inclán.
Unha servidora tivo o privilexio de facerlle unha breve entrevista pouco despois de que a TVG viñera a gravalo en directo falando acerca da súa extraordinaria recompilación de acontecementos, escritos e imaxes máis importantes de todo o século XX.
Expoñíanse uns 160 xornais galegos, casteláns e estranxeiros, como ABC, Correo Gallego, Faro de Vigo, Time, Ya… Todos eles destacaban feitos importantes da centuria pasada.
Tamén había prensa rosa, revistas que amosaban os personaxes do corazón, como actores, cantantes… celebridades que destacaron no pasado século. Era de notar que antes se respectaba moito máis aos famosos que na actualidade. Das paredes colgaban unhas fotos xigantes deste tipo de personaxes na súa xuventude e sen nome para que os visitantes o puideran adiviñar e así meterse máis de cheo no contido da exposición. Había novelas, cómics (de Superman, do Capitán América…), cromos, anuncios de coches antigos…
Contabamos con dez paneis, cada un tiña á súa vez dez resumos (1900-2000) que mostraban as efemérides, as anécdotas, os feitos e o personaxe mais importante de cada ano, así como tamén a canción que marcou algún acontecemento de gran importancia, facendo deste xeito unha selección musical de todo o século.
No centro da sala había uns paneis monográficos. Cada un falaba de temas concretos como o cine, os papas, as conquistas, os descubrimentos e inventos… todo pertencente ás décadas pasadas.
A exposición tamén proxectaba dous vídeos. Un primeiro é musical, fala dos líderes dos movementos musicais que houbo e que máis influíron na sociedade, como o rock, o jazz… Un segundo mostra imaxes do pasado século, como da II Guerra Mundial, do asasino e mafioso máis grande (Al Capone) ou da ovella Dolly.
Ademais de explicarnos todo isto, Suso díxonos como conseguiu o material. Rememorando a súa nenez, contounos que aos dez anos xogaba cos seus amigos nun Bazar en fronte da súa casa que tiña un montón de cousas antigas. Esta tenda estaba rexentada por un matrimonio xa moi entrado en anos. Cando o home morre, a muller preocupada, non sabía quen ía quedar con todo. E Suso tampouco. En seis viaxes levou para a súa casa todo o que puido ou o que lle permitiu súa nai. Co paso dos anos foi consciente da cantidade de cousas importantes e interesantes que el amoreara en tanto tempo, polo que comezou a gardalas e a catalogalas, non só as que tiña senón as que outra xente lle ía dando ou el mesmo conseguía. E hoxe por hoxe vemos o resultado da colección: é única.
Contounos que levou a “eXXpo press” por varias cidades de Galicia, tamén a Barcelona, e incluso a EE.UU, onde foi inaugurada polo cónsul honorario de España alí. Por agora vaise empregar con fins didácticos; de feito, a Xunta de Galicia ten pensado levar a colección a máis centros de ensino. Nós tivemos o gran privilexio de ser o primeiro que amosa a súa obra. Nestes momentos tamén se está a traballar para levala ao Vaticano. O xornalista ten pensado regalarlle ao papa un exemplar dos anos 60 que amosa o encontro entre a Igrexa Ortodoxa e a Católica.
De seguro que esta é unha das exposicións culturais que realmente vale a pena ver. Mediante ela podemos visualizar o noso pasado máis próximo de maneira sinxela, ordenada e completa.