Imaxe de cabeceira

Este ano, como todos os anos, fanse un cuestionario os antigos alumnos e alumnas.

MARTA FIGUEIRA RIAL, non foi unha alumna corriente, estivo traballando no ENDL, foi a directora da revista ANACOS, e participou no premio LEIXAPREN.

 

…..O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
…..Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas en procura do pai ensoñado.
…..De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor, e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
…..Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía por bicalo a fartar.
…..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan sequera reparou en que o seguían os ollos angurentos dun neno.
…..Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
…..E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo…
…..Aquel si que era o pai de Migueliño.

Dende o luns 16 de marzo ata o 3 de abril de 2009 no noso centro de ensino, o IES Félix Muriel, contaremos coa exposición "A Europa das Linguas" que con anterioridade pasou por outros centros educativos  ou culturais de todo o territorio galego. Agora, por primeira vez, chegou á nosa comarca, da man de varios centros que formamos parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza, do que o noso ENDL forma parte, que organizan esta exposición promovida pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG).

Nesta exposición que estará situada no espazo de entrada do IES, poderemos observar 40 paneis ilustrados con fotografías, debuxos e gráficas a toda cor. A información que achegan fai un percorrido polas lenguas de Europa para cegar a compara a situación da lingua galega con outras linguas.

Todo o alumnado do centro visitará nalgunha sesión do seu horario lectivo esta exposición. Para a súa maior comprensión e análise contarán cunha unidade didáctica para traballar estes contidos relacionados coa sociolingüística. O lugar onde se expón –a entrada do IES- permítelles tamén afondar no seu estudo no tempo de lecer.

 

Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel queremos convidar aos pais e nais do alumnado, e ó resto dos cidadáns do concello, a visitar esta exposición que cremos de grande interese.

 

Hai falantes de portugués en Goa, polo tanto entenderannos bastante ben ós galegos.

A ciencia, a medida que vai irrompendo na cultura popular, ofrece respostas ás mulleres e ós homes da rúa, que antes debían buscar nos protagonistas do pensamento dogmático ou nos bruxos. A búsqueda do talento e a creatividade é un bo exemplo.

Dado o interese do tema e das argumentación expostas recomendámosvos a súa lectura.

Medias verdades, mentiras enteiras, distorsión da realidade… É o que empregan un grupo de xente que – baixo unha denominación tan ben soante coma “Galicia bilingüe”- quere enterrar o galego. Si, como o oídes, ímoslle chamar ás cousas polo seu nome. Podedes non estar de acordo coa nosa postura, pero cando menos teredes que estar ben informados e entender ben o significado do bilingüismo que se anda a defender por aí.

Que pretenden os que baixo “bilingüismo” defenden que “cadaquén fale o idioma que queira e eduque ós fillos na lingua que desexe”? Significa, ademais dunha falta de respecto pola lingua propia da comunidade e mais dos seus falantes, o seguinte:

Ide reflexionando sobre isto, informádevos ben do que realmente pretende a xente que promulga o bilingüismo, e mais do que queremos os que buscamos a NORMALIZACIÓN -que non imposición- do galego.

Seguimos no próximo número, que isto non remata aquí!

 

 

 

O quecemento global ou cambio climático será un dos maiores problemas do século XXI.

     A contaminación que producimos fai que os raios do sol que entran na nosa atmosfera queden atrapados e requenten o planeta.

2290 Artigos |   | 1  |   | 265  | 266  | 267  | 268  | 269  | 270  | 271  | 272  | 273  | 274  | 275  |   | 287  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.