Recentemente o profesor de matemáticas e membro do EDNL do IES Felix Muriel, Xosé Manuel Lobato , presentou en Rianxo o seu libro “Retorno á natura” con ilustracións do tamén profesor de plástica Alfonso MartÃnez. Dous alumnos de 1º de ESO fixéronlle a seguinte entrevista.
A segunda sesión do obradoiro de poesía de Carlos Negro foi moi parecida á primeira, e polo tanto moi divertida e amena.
Ó principio leunos un conto infantil: "Friederich" para darnos a entender outros aspectos da poesía. Logo vimos un fragmento da película "El club de los poetas muertos" que nos ensinou outro punto de vista da poesía e outra maneira de entendela.
Na primeira semana de xuño tivo lugar no instituto o II Concurso de lectura en alto. os gañadores nesta edición foron
Mateo Romero Ordóñez (2ºESO C)
Julila Gil Ordóñez (3º ESO B)
Tamara entregoulles o premio no local do ENDL, un vale de 50€ que poderán cambiar en distintos establecementos de Rianxo.
Constante Gil Rodríguez naceu en Taragoña ( Rianxo), o 26 de Marzo do 1926. Formouse como pintor no Estudo de Felipe Brea Romero e en 1948 trasladouse a Valencia, onde ingresou na Escola de Belas Artes de San Carlos.
No 1956 fíxose cargo de Antiga Cervexería Madrid, creada no 1900, como hostaleiro e propietario alí creou en 1959 << Auga de Valencia>>, un combinado a base de cava, zume de laranxa, vodka e xenebra. Utilizou a Cervexería Madrid durante moitos anos como o seu propio museo, no tempo que promoveu nela diversas tertulias literarias e artísticas.
En 1996 no Centro Europeo das Artes de París seleccionou tres das súas obras e expuxo no centro de cultura de Toulouse (Francia), no salón Ville d,Agen (tamén no país galo), en A Casa de O Coxo(A Coruña) e no Museo de Rianxo.
As súas obras encóntranse nos museos e coleccións privadas de Gran Bretaña, Italia, Francia, Alemaña, Suíza, EE.UU, México, Noruega, Canadá, Australia, Xapón, Arxentina, Polonia e Rusia.
O luns 25 de maio realizamos un intercambio cultural ó I.E.S SANTIAGO BASANTA SILVA(VILALBA).
Saímos as 8.30 do noso instituto, e as 10.30 recibíronnos no salón de actos cunha pequena actuación musical acompañada de diapositivas. Logo fixemos unha pequena visita á biblioteca do centro onde fixeran unha exposición en homenaxe á Terra Chá. Alí un dos profesores foinos explicando en que consistía todo e facendo un resumo da exposición. Por último vimos unhas táboas pintadas por un pintor de Vilalba, e tivemos a sorte de que nos agasallaran con unha para o noso centro.Sobre as 12 tomamos un aperitivo que nos tiñan preparado na cafetería do centro: tortilla,empanada,un doce e un queixo"San Luís" tipicos de alí.
Visitamos o centro histórico de Vilalba: a igrexa, a Torre dos Andrade… vimos como era por dentro o parador etc. A min persoalmente gustoume moito xa que o parador estaba todo decorado como a época medieval.
Logo fomos ó Carballo de Luxís onde sacamos algunhas fotos e léronse algún poemas en homenaxe á poesía chairega no centenario de Aquilino Iglesia Alvariño, e tamén vimos o río Miño.
Máis tarde, sobre as 3 da tarde xantamos, aínda que por causa do mal tempo non puidemos ir xantar á Fonte Miña, e tivemos que facelo nun polideportivo. Ó rematar fomos ó Pedregal de Irimia onde vimos o nacemento do río Miño, visitamos en Castro de Rei o museo e os castros ali descobertos, e aquí rematou a viaxe. Foi moi interesante, e pasámolo moi ben,aínda que entre o frio e a chuvia se facía máis pesada e cansa.
Dámoslles as grazas ós nosos compañeiros de Vilalba e un saúdo para todos eles.