Ser galego/a no século XXI dentro de Galiza é que che guste o cocido os domingos na casa da avoa e os pementos de Padrón na Pascua, fóra dela é o ser morriñento, lembrarse de Galiza cada vez que te vas. Ser galego é que che guste a festa, e tamén as verbenas no verán, aínda que chova na maior parte delas.
Outra das cousas que nos caracteríza de ser galegos/as son os instrumentos, como a pandeireta e a gaita nas feiras, nas que podes pasar todo o día polos postos. Galegos son os que van fóra de Galiza e automaticamente se lles recoñece polo acento. E tamén os que ven os anuncios do Gadis día si e día tamén.
Hoxe botamos a andar e a bailar e a cantar con Verto
Todos poderemos organizar mellor o noso tempo, as nosas tarefas, os nosos exames, … grazas aos calendarios elaborados polo Equipo de Normalización que están á vosa disposición na aula virtual. Neles mulleres de diferentes ámbitos moi importantes na nosa sociedade teñen un lugar especial. Valorémolas!
Moitas grazas a todos os que colaborastes!
O número de falantes en éuscaro crece ano tras ano, mentres que en Galiza sucede todo o contrario. Hai corenta anos, en Álava só un 5% da poboación falaba éuscaro, e na actualidade esta cifra supera o 30%, mentres que en Galiza no mesmo período de tempo, a cifra baixou dun 60% ao 40%. Por que sucede isto?
Segundo Txerra Rodríguez, sociólogo vasco, os principais falantes en éuscaro son os rapaces menores de 18 anos. Isto é un exemplo de que cada vez máis pais lle falan aos seus fillos na súa lingua autóctona. En Galiza, hai datos tan sorprendentes como que un de cada catro rapaces menores de 15 anos non sabe falar galego. A lingua autóctona non é transmitida de xeracións en xeracións como ocorre co éuscaro. Cabe preguntarse por que se está a dar este fenómeno no noso país…
Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas ao autor reintegracionista Carvalho Calero, pero sabemos todos que é o Día das Letras Galegas? Como xa saberedes, celébrase cada 17 de maio desde 1963, en que se cumprían cen anos da primeira publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Esta obra marca o comezo do Rexurdimento galego en 1863.
Carvalho Calero está considerado como un dos grandes pensadores sobre a postura reintegracionista, unha corrente lingüística, cultural e social que sostén o parentesco do galego co portugués, e propón modificacións cara a unha maior similitude coa lusofonía.
Carvalho Calero nace en Ferrol (1910) pero rapidamente se traslada a Santiago para estudar dereito e filosofía. Entra en contacto co galeguismo e co Partido Galeguista. Colabora con revistas importantes da época como A Nosa Terra ou Nós. Tamén axuda co estatuto de autonomía.