Imaxe de cabeceira

       No IES Félix Muriel o 25 de novembro de 2020 por mor do día contra a violencia de xénero levamos adiante unha acción colectiva, organizada polo equipo de normalización lingüística, coa colaboración de alumnado e profesorado, que chamamos As máscaras non calarán o noso berro na que as alumnas e os alumnos do instituto dende as ventás dicían a viva voz os nomes daquelas mulleres vítimas mortais de violencia machista nese ato até a data, convertendo todo o edificio en altofalante reivindicativo, de denuncia desta tara social e manifestación da vontade firme de procurar a xustiza e seguridade para as mulleres mediante unha solidariedade activa.

O concello de Rianxo, na súa canle de youtube, pon a disposición de quen queira dinamizar poesía e música galegas esta listaxe de vídeos con músicas que reinterpretan e reviven a Rosalía.

          Compartimos con vós  traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO na materia de TIC que nos permiten ver @s nos@s autor@es de forma diferente:

Rosalía de Castro:

TIC_P5_RodríguezGarcíaDaniela_RosaliaCastroTIC4_P5_GilMoaresSara(RosaliaCastro)

Xa tedes dispoñibles os calendarios do 2º trimestre.

AxendaAula_A4_xaneiro2021nova

AxendaAula_A4_febreiro202021

AxendaAula_A4_marzo202021

O Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel deséxavos BO NADAL

1608547268092

1608547268099

1608547268106

Para moitos ser galego é nacer en Galiza, unha comunidade autónoma de España, pero que está considerada nacionalidade histórica.

Galiza ten unha lingua propia que é a oficial xunto co castelán. A pesar de ser unha lingua como outra calquera, esta lingua posúe unha gran cantidade de prexuízos. Algúns que veñen dende fai séculos como que o galego ten un léxico pobre, ou outros prexuízos como que o galego é unha lingua de paletos

Estou case segura de que se lle preguntas a un madrileño que opina no referente dos galegos, os da capital asociarano ao monte, ao rural, as vivendas afastadas, a unha persoa paleta… Eu son galega e a moita honra, falo galego, que é unha lingua que ademais de servir para comunicarse, como todas as linguas representa unha cultura, unha historia e un pobo, dos cales me sinto orgullosa.Os galegos sempre fomos uns loitadores e resilientes.

Un galego que non fale galego non é un galego completo, pois, esta lingua ensínache palabras tan bonitas como bico, aperta, maniotas, quérote, choiva, demo, lucecú… entre moitas outras que ocupan un anaco do meu corazón. Según moita xente parte de ser galego é responder con outra pregunta, non sei se eu o fago, pero o que si teño claro é a resposta a esta pregunta.

2291 Artigos |   | 1  |   | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  |   | 287  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.