O número 15 de “Ollos de Aula”, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado trae artigos moi acaídos para ler nesta época estival:
Nesta última entrega podemos ler interesantes artigos que responden a preguntas que moitos pais e nais se fan chegada esta época estival. Unha delas respóndea unha persoa coñecida por todos nós, a que foi orientadora no noso centro: Cristina Galdo Leal. Elaborou un interesantísimo artigo arredor da seguinte cuestión: “Pódese recuperar o curso no verán?”
Na última reunión do ENDL acordouse que o vídeo que acabaramos hai uns meses, e no que estivemos traballando desde o curso pasado, o iamos presentar ao concurso Ouff Escola. Trátase dunha reflexión sobre a situación sociolingüística no noso concello a través da voz das nosas avoas. Mudámoslle os créditos incluíndo as nosas fotos […]
Aldara Muíños e Aida Saco fixeron unha presentación dunha pequena parte do proxecto Rianxo Fala que realizamos o curso pasado e que vén de levar o 1º Premio ás boas prácticas na mellora da aprendizaxe e uso do galego.
O curso pasado estivemos traballando no proxecto do ENDL arredor do noso patrimonio, do material e do inmaterial, querendo destacar a lingua. En Rianxo temos un patrimonio propio que a poboación admira e non quere que se perda. Mais non toda a poboación ten a mesma querencia pola lingua de seu, de feito, vemos que […]
Dentro do Proxecto Rianxo Fala que estamos a desenvolver este curso o grupo de 3º PDC traballamos arredor do ecolingüismo e da relación entre especies en perigo de extinción e linguas minorizadas. Pero tamén incidimos na importancia cultural de especies singulares como a herba de namorar, que no caso de que non se perda, tamén se destruiría unha lenda ben bonita. Se o galego desaparece, van morrer moitas cousas canda el. Para sensibilizar ao resto dos nosos compañeiros e compañeiras co tema, fixemos esta curtametraxe. Esperemos que vos guste.
Magdalena Duszczyk, Milena Górnicka e Zuza Anczewska
Alumnas de Galego da Universidade de Varsovia traduciron hai un par de anos unha lenda polaca ao galego e publicárona na revista da facultade de filoloxía de Varsovia, onde hai un lectorado de galego, e que nos fixeron chegar ao noso equipo.
Darémosvos información puntual e diaria sobre as lecturas de profes, alumnos e alumnas, persoal non docente… todo na biblioteca. Comezamos por deixarvos un resumo da actividade e animámosvos a todos e todas a participar.
O noso EDLG vai dedicar este primeiro trimestre do curso e último trimestre do ano 2011 a homenaxear o autor mindoniense cunha serie de actividades. Polo momento estivemos, e aínda estamos, lendo textos en todas as aulas.