Este venres soubemos que “A Regueixeira”, composición presentada por 21 Garabullos (alumnado de 1º ESO-D) gañou o premio do certame Enreguéifate á mellor Regueifa falada. Esta é unha composición cantada e signada que defende o valor da nosa música tradicional fronte a invasión do reguetón e que, á súa vez, quere amosar o seu compromiso coa inclusión e visibilidade das persoas xordas na sociedade.
Se aínda non tivestes a oportunidade de escoitala, animádevos a desfrutar co traballo dos 21 Garabullos
Gabriel Lamas, un home de cincuenta anos, regresa á súa vila natal, Monteverde, trinta e dous anos despois da súa marcha. Esta volta estivo propiciada polo falecemento da súa nai, feito que o forza a pisar a terra onde se criou. Ao chegar, visita a casa dos seus defuntos pais onde a ánima do seu pai lle recrimina a tardanza, o que lle propicia un incremento dos remorsos. Gabriel escapara de Galicia con tan só 18 anos fuxindo dos problemas derivados da inxusta condena do seu antecesor e deixando a súa irmá Elsa e a súa nai desamparadas. Agora, xa máis maduro, sente a necesidade de atopar ao verdadeiro culpable para facer xustiza.
Estás buscando agasallos? lembra que na páxina agasallo.eu hai de todo, de todo en galego… Podes escoller xogos, aparellos, mesmo experiencias…
O grupo de alumnas e alumnos do ENDL que están a poñer en marcha a nosa radio escolar recibiron a última parte da formación técnica este pasado luns, 1 de febreiro. Xa case todo está a punto para que o primeiro programa saia nas ondas. Estade atentos e atentas porque á volta do entroido vai haber sorpresas!
Despois de aprender a facer unha escaleta, tras ter organizado os subgrupos de traballo, despois de pelexarnos cos micros
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Direçao Regional de Cultura do Norte (Portugal) xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal convocan o Premio Literario Nortear. O seu obxectivo fundamental é fomentar a creatividade literaria entre a mocidade escritora que reside na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Poden participar todas aquelas persoas nacidas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.
Podedes consultar as bases da convocatoria entrando no artigo.
Xa vos contamos nun artigo anterior os obxectivos da campaña que fixemos este ano para traballar o léxico do Nadal. Aquí deixamos o vídeo que recolle toda a filosofía da campaña e os materiais empregados