Imaxe de cabeceira
RianxoFala Radio

As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)

Artigos nesta sección:

IMG-20180116-WA0000Xa temos na páxina de “Rianxo fala” o segundo programa deste curso, que vén sendo o número 13 da nosa curta traxectoria. Nel temos un pouco de todo, destacan as noticias do IES que tiñamos para dar a semana pasada,  xa que foi de grande actividade. Falamos, entre outras cousas, sobre as charlas da garda civil (e entrevistamos a un dos membros da policía xudicial que se achegou ao centro, do que xa demos conta nun artigo anterior nesta revista), avisamos do concurso Rosalía “Sempre viva” e tamén da saída ao teatro do alumnado de 4º e 1º Bac… Podedes escoitar opinións do alumando que asistiu á representación de Lucecús teatro.

Falouse tamén da Semana Castelao e iniciose a sección de deportes, xermolo para o que será un programa especial só dedicado a este tema que imos facer para o Día Mundial da Radio. Esperemos que vos guste!

Pincha aquí para oír:“Rianxo Fala 2, 17-18

IMG-20180116-WA0000Xa temos na páxina de “Rianxo fala” o primeiro programa deste curso, que vén sendo o número 12 da nosa curta traxectoria. Por problemas técnicos alleos a nós non o puidemos colgar ata agora, mais xa se emitiu a finais de novembro.

Con este programa comezou a súa andaina un grupo moi xeitoso de alumnado de 1º ESO, dos que só algúns saen na foto (Celia Arcos Resúa, Marta Figueira, Sabela Loureiro Coto, Alex Mariño e Sandra Ordóñez).  Mais detrás da escaleta e emisión deste primeiro programa están tamén: Daniela Rodríguez, Marta Domínguez Picón,  Isabel Saborido Gey e Mauro Riveiro Suárez.

Acabamos de colgar na páxina “Rianxo fala” o programa número 8, último deste curso, emitido o pasado 16 de xuño.

p8

 

Acabamos de colgar na páxina “Rianxo fala” os programas de radio número 6 e número 7. En breve vai saír o número 8, último deste curso. Se aínda non os escoitastes, non deixedes de facelo. Xa sabedes, noticias, boas entrevistas (a Aida Saco e a Xiao Berlai) e boa música.

radiorianxoAcabamos de colgar na páxina “Rianxo fala” o programa nº 5

  • Noticias:
    • Masterclass de física (BAC)
    • Olimpíada matemática (ESO)
    • 25 de abril
  • Entrevista á Profesora de Grego Ana Rivas (Viaxe a Mérida)
  • Proxecto columnas
  • Escoita o audio

    Aquí temos os programas 3 e 4 de Radio Rianxo

    Comezamos a edición de 2017 de Radio Rianxo – Se aínda non tivestes a oportunidade de escoitarnos.,  deixámosvos aquí o enlace ao Programa 1.  Temos emitidos 3, que grIMG-20170408-WA0000avamos para que poidades escoitar na páxina RianxoFala e tamén desde aquí. Un grupo de redactores e redactoras: David Galbán, María Domínguez, Andrea Refoxo, Lía Ordóñez  fixeron posible a arrancada deste temporada. Temporada que non sería posible sen a colaboración de Aida Barros que estivo na dirección e axudou na locución e mais de Brais Rodríguez na parte técnica.

    Tamén se estrearon na locución tres alumnos de 1º ESO  que estiveron aprendendo dos maiores nos dous primeiros programas, gravando xa eles o terceiro. Non deixedes de escoitalos todos en RianxoFala 

    Rianxo Fala  é o título do primeiro programa de Radio do ENDL do noso IES. Vimos de crear Radio Rianxo Félix Muriel, ou o que é o mesmo: Radio Rianxo FM. E xa estamos nas ondas!

    Neste primeiro enlace tendes desde unha reportaxe sobre a LOMCE (con opinións da orientadora, director e alumnado do centro) ata unha entrevista ao poeta rianxeiro, gañador do Premio nacional de poesía, Gonzalo Hermo. Sen esquecer un concurso musical…Escoitádenos e non esquezades a continuación votar a vosa canción preferida.

    Neste segundo enlace, información e… a RadioFicción… Cos mellores actores e actrices. Non o perdades!

    56 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7
    *
    Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
    rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.