As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)
Neste programa, o alumnado do EDNL que participa no proxecto de radio RianxoFala, súmase ós actos que organiza o concello de Rianxo coa gravación dun monográfico especial no que tratamos os seguintes temas:
Agardamos este programa especial sexa do voso agrado e así, dende Rianxo Fala, contribuír á visibilización e respecto polas persoas independentemente cal sexa a súa opción ou condición sexual.
• Entrevistas a :• Miguel Silva (Aquel-e) e Juan Frieiro (O Choio)
Alumnado do proxecto de radio RIANXO FALA durante a visita ás instalacións da RTVG e a entrevista improvisada que Kiko Novoa e Carlos Jiménez, lles fixeron en directo durante a emisión do programa Galicia por diante.
O pasado mércores 23 de ma
io, o alumnado que participa no proxecto de radio Rianxo Fala, visitou as instalacións da RTVG . O percorrido estivo guiado polo responsable o arquivo sonoro, Carlos Lozano, quen lle explicou ao alumnado asistente como funcionan os diferentes departamentos desta institución e como se realiza un programa de radio. Durante a visita, unha representación dos asistentes tiveron a ocasión de participar en directo no programa “Galicia por diante” que dirixen Kiko Novoa e Carlos Jiménez. A xornalista Belén Regueira que tamén estivo presente no programa, mostrou especial interese polo traballo desenvolvido na nosa emisora Rianxo Falae sacou unha fotografía co grupo.
Rapazada de 1º ESO, moi ilusionada coa radio pero con aínda moi pouca experiencia, aceptou o reto de facer un programa especial dedicado ao deporte, tema escollido para conmemorar este ano o Día Mundial da Radio, que se celebra o 13 de febreiro. E fixérono moi, moi ben! Parabéns para o grupo e felicitacións por tanto esforzo.
Desde o ENDL, quixemos que RianxoFala se sumase á iniciativa que nos chegou desde “Ponte nas ondas”, e aquí queda a nosa contribución que enviamos para “Escolas nas ondas”. Esperemos que vos guste.
O noso agradecemento a Chema Bará e a Ánxela Diéguez, polos obradoiros e a axuda recibida.
Facendo a primeira proba para a gravación do programa de radio RIANXO FALA dedicado ós deportes polo alumnado participante neste proxecto radiofónico do IES Félix Muriel. Na seguinte noticia tendes o podcast do programa completo.
Programa nº 14 de RadioRianxo e 3º deste curso escolar que xa podes escoitar coma sempre na páxina de Rianxo Fala.
Os principais contidos: