Imaxe de cabeceira
RianxoFala Radio

As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)

Artigos nesta sección:

anagrama RadioRianxoNo Día das Letras Galegas temos o pracer de presentarvos a entrevista que os nosos colaboradores de Radio Rianxofala, Marco Bravo e Mario Viñas, lle fixeron a tres alumnas do noso IES que obtieron premios no certame Minerva: Noelia Fernández (segundo premio de narrativa), Paula Tubío ( segundo premio en poesía)  e Alba Comojo (accésit en poesía)

                  Os nosos parabéns a esta nova xeración de escritoras!!IMG-20210511-WA0002

Animámosvos a escoitar a súa entrevista: https://youtu.be/I4Yddi29ESk

Alba Cid 5

O día 6 de abril, dentro do Ciclo Camiñando entre mulleres 2021, tivemos o pracer de contar coa presenza de Alba Cid, gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por “Atlas”, quen na súa charla “Poemas para enviar unha nova cartografía” reflexionou ao redor da necesidade da poesía na actualidade

 

Finalizada a charla, as nosas colaboradoras de Radio Rianxofala, Noelia e Antía,  entrevistárona:

Alba Cid 4

As reporteiras de Radio Rianxofala Marta Figueiras e Celia Arcos, coa axuda da nosa técnica Marta Domínguez, entrevistaron a Noa Moares, quen  organizou unha venda de pulseiras para recaudar fondos para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) o día 15 de febreiro, día contra o Cancro Infantil.

 

IMG_20210304_131445

IMG-20200220-WA0004

  O 21 de febreiro e dentro das actividades do Ciclo Camiñando entre mulleres, o noso alumnado de 1º de ESO tivo o pracer de desfrutar dun obradoiro impartido pola regueifeira Lupe Blanco.

 

IMG-20200127-WA0001

Este mes, Marta Valladares, locutora de Radio Rianxo Fala, tivo o pracer de poder entrevistar a Pilar Pérez, profesora de Tecnoloxía no noso IES

 

IMG_20190523_140618

Noa Moares e Marta Valladres entrevistaron recentemente para Radio RianxoFala  a María Xosé Silvar, máis coñecida como “Sés”, e a Sabela Galbán, artista rianxeira e colaboradora habitual nos concertos de Sés.

O encontro radiofónico transcorre entre lembranzas das súas respectivas infancias, formación musical, inquedanzas e o seu facer como defensoras da nosa lingua.

Dúas grandes artistas para sentilas e escoitalas.

Desfrutade desta audición!

Entrevista completa

Marta Valladares entrevista a  Paz Filgueira, xuíza titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, que veu a dar unha Charla no noso IES durante a Semana da Diversidade

Vídeo da entrevista:

Entrevista completa en Radio RianxoFala:

IMG_20190307_102648
Dentro do Ciclo de Charlas “Camiñando entre mulleres” organizado polo ENL en colaboración co Concello, tivemos o pracer de contar coa presenza de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, que foi entrevistada por  Antía Lamas para Radio RianxoFala

 

 

56 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.