As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)
No mes de febreiro iniciamos unha nova andaina coa gravación de recitados de poemas. No noso primeiro programa tivemos a sorte de contar con Tahira Varela, Cristian Galbán e Rodrigo Iglesias de 3º ESO que recitaron os seguintes poemas:
Durante a gravación contamos coa inestimable colaboración de Alejandro Ordóñez de 1º ESO, como locutor, e de Daniela Rodríguez de 1º ESO, como técnica de son.
Animámosvos a escoitar o audio:
O 25 de xaneiro o alumnado de 1º , 3º ESO, 1º e 2ºBAC. tivo a oportunidade de asistir á representación da obra Ahora “mismitos“. Nela interpretáronse diferentes historias ou lendas da mitoloxía greco-latina, presentes e frecuentes na literatura e as artes plásticas.
Con posterioridade Celia Arcos e Mauro Riveiro, colaboradores de Radio Rianxofala, tiveron a sorte de poder entrevistar ao actor Antonio Blanco, quen falou sobre o seu proxecto.
Deixámosvos o audio para que podades desfrutar del:
O luns 20 de xuño RianxoFala entrevista no IES Milladoiro a Susana López Carbia, xornalista e presentadora da TVG
Hoxe achegámosvos unha nova entrega das entrevistas realizadas no noso proxecto de Mentes Referentes que, como sabedes, realizamos o pasado mércores 8 de xuño.
Sabela Galbán contounos diferentes vivencias e anécdotas referidas ás súas experiencias musicais mais tamén se lembrou do seu paso polo IES Félix Muriel. Confiamos en que estes minutos de conversa sexan do voso interese e agrado.
Sen telo contemplado a principio de curso, participamos nunha proposta dun intercambio lingüístico e cultural co ENDL do Milladorio a través da radio; que deu lugar, neste mes de xuño, á realización de catro podcast conxuntos entre o alumnado do noso centro e o do IES Milladorio. O nome: “Mentes referentes“, obedece a que o obxectivo principal fose que o alumnado de cada centro localizase “mentes referentes” do seu concello, que traballasen en galego, e que llas presentase ao alumnado do outro instituto para que este preparase a correspondente entrevista.
Con este esquema de traballo estivemos no terceiro trimestre e, aínda que parte do proceso se desenvolveu de xeito virtual, argallamos dúas mañás de convivio e traballo conxunto que deron moi bos resultados. O mércores 8 de xuño foi o primeiro encontro en Rianxo, para que as reporteiras do Milladoiro entrevistaran a dúas mulleres referentes do noso concello: Maruxa Miguéns (do mítico grupo Os Rosales) e Sabela Galbán (compoñente do Cuarteto de biselas, Carapaus, Sés..) . Logo o pasado luns 20 RianxoFala trasládase ao Milladoiro para entrevistaren a Inés Suarez, integrante do grupo de música tradicional do concello de Milladoiro “As maianas” e mais á xornalista, presentadora da TVG, Susana López Carbia.
En ambos encontros compartimos, ademais dos estudos de gravación, unha troca de experiencias e de xeitos de traballar, que deu moi bos froitos, de feito temos pensado continuar no vindeiro cursos.