As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)
Benvidos e benvidas de novo ás nosas ondas!
No primeiro programa de Radio RianxoFala contamos coa inestimable colaboración de Leo Sánchez (1º ESO-B), Darío Somoza (1º ESO-C), Juan Raúl Vargas (1º ESO-A), como locutores, e de Ismael Fernández (1º ESO-A), como técnico de son.
Animádevos a escoitar a súa primeira produción.
Hoxe agradecemos a Clara López, Alba Martínez e Daniela Sóñora de 3º de ESO que recitaran para nós Animámosvos a escoitar o audio:
Hoxe Xoel Castaño, Brais Collazo e Andrea Tubío comparten con nós o seu recitado de poemas.
Animámosvos a escoitalos!
Neste día animámosvos a escoitar un novo programa de Radio RianxoFala. Nel poderedes desfrutar do recitado de poemas de dous alumnos de 2º de bacharelato, Mauro Riveiro e Celia Arcos, que contaron coa axuda de Marta Domínguez, na parte técnica.
O luns 13 de marzo o alumnado de portugués de 1º de bacharelato (Helena Figueira, Clara Novo, Bernardo Gontán, Rodrigo Marques e Paula Magán) tivo a oportunidade de entrevistar a Guilherme, Lucas e João, alumnos de Erasmus + de Agrupamento Sá de Miranda, de Braga, que estaban realizando as prácticas do seu Ciclo en Vilagarcía.
Convidámosvos a escoitar a súa entrevista:
Neste mes gravamos o noso terceiro programa de recitado de poemas. Contamos nesta ocasión con Lucas Fungueiriño, Carla Vicente e Ainara Pérez de 3º de ESO que recitaron:
Durante a gravación contamos coa inestimable colaboración de Alejandro Ordóñez de 1º ESO, como locutor, e de Ricardo Vidal de 1º ESO, como técnico de son.
Animámosvos a escoitar o audio:
No mes de marzo gravamos o noso segundo programa de recitado de poemas. Contamos nesta ocasión con Sara Rial e Ainoa Reboiras de 3º de ESO que recitaron:
Durante a gravación contamos coa inestimable colaboración de Alejandro Ordóñez de 1º ESO, como locutor.
Animámosvos a escoitar o audio: