O venres, 30 de setembro, tivo lugar a entrega dos certificados B1 de Lingua Portuguesa. O alumnado de Lingua portuguesa que se presentou ás probas de certificación do Instituto Camões acadou o nivel B1 e o pasado venres, a Coordinadora do Instituto Camões en España e a responsable do Camões en Vigo asistiron á entrega dos títulos.
No acto, á parte do alumnado de Lingua portuguesa, e as representantes do Instituto Camões participaron a alumna Celia Arcos, o director do IES Félix Muriel, a Coordinadora do Camões, Filipa Soares, a responsable do CCP Camões de Vigo e a profesora do Camões no IES Félix Muriel, Anaisa Esteves.
Ao longo do acto, destacouse a importancia da aprendizaxe da lingua portuguesa tanto pola relación existente entre a lingua galega e portuguesa, como polas portas que abre de cara ao mundo a aprendizaxe dunha lingua falada por millóns de persoas en todo o mundo e oficial en países de Europa, América e África.
Cómpre felicitar a todo o alumnado que se presentou ás probas xa que acadaron o nivel B1 en todas as competencias, grazas ao seu esforzo e traballo e á implicación do profesorado de lingua portuguesa. Estes resultados animan a continuar neste camiño co fin de que o noso alumnado remate a ESO e/ou o Bacharelato co certificado B1 en portugués, o cal está recoñecido a nivel internacional.
Parabéns a todas as alumnos e alumnos.
O documental “Monte vivo” non deixa de nos dar alegrías, unha vez máis é galardoado nun certame de vídeo, neste caso a peza audiovisual vén de recibir o primeiro premio da sección Documental, na categoría 2º ciclo de ESO no eMove Festival (Festival Escolar y Universitario de las Artes Audiovisuales).
Esta actividade foi levada a cabo dentro do proxecto Monte vivo por alumnado de 4º de ESO e coordinado pola profesora Sofía Rama.
MONTE VIVO from ABA FILMS on Vimeo.
Parabéns a Noelia Fernández quen esta fin de semana gañou o VI Certame. Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”, polo seu recitado do poema “Silencio”.
A seguir, podedes ver o seu magnífico recitado.