Comeza a andar a revista Bico da ría un novo curso: 2010-2011.
Imos presentarnos. Comezamos os docentes e persoal non docente, que somos menos. Logo irán presentándose rapaces e rapazas ao longo destas semanas vindeiras.
Aproveitamos tamén para presentar á ANPA, que sempre está connosco e con esta revista, na que participa habitualmente e que nos mostra o seu apoio.
Un ano máis abrimos as portas do noso seminario, acendemos os ordenadores, collemos papel e lapis e comezamos a actividade no Equipo de Normalización Lingüística do noso I.E.S. rianxeiro.
Despois dun verán relaxante para os que aprobamos todo e, á vez, cheo de strés para aqueles que suspenderon e son víctimas da Gripe A, da crise e da resaca da Guadalupe, aquí volvemos con máis ganas que nunca de preparar artigos, entrevistas, proxectos…, rematar traballos comezados o ano pasado e elaborar campañas como a do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Uxío Novoneyra.
Coma tódolos anos, no ENDL do IES Félix Muriel temos un programa moi amplo. Deixámosvos un guión con algunhas das actividades principias que temos na programación deste curso do ENDL para que vos animedes a participar. Recordade vir anotarvos polo local do ENDL.
REVISTA E BLOG
Ola!!
Chámome Valeria.
Teño 15 anos e estudo 4ºESO.
As miñas afeccións son oír música e estar coas miñas amigas, pasear…
Gústame ir ao cine e cantar.
Non me gusta nada vir ao instituto.
Ola!
Chámome Tania. Teño dezaseis anos e estudo 3º ESO. As miñas afeccións son oír música e estar coas miñas amigas. Gústame ir ó cine con elas, sobre todo con Goretti. Non me gusta vir ó Instituto.
Espero que o pasemos ben no intercambio.
Bicos
Ola! Son Jennifer.
Estou en 1º da ESO e teño doce anos. Son membro do ENDL desde este ano. Apunteime porque me parecía interesante cando me falaron del. As miñas afeccións son varias: gústame xogar ó fútbol, o deporte, debuxar e pintar. Non me gusta vir ó Instituto.
Espero coñecervos pronto
Apertas