Para ir poñéndonos ao día, un vídeo que sacaron a final do curso pasado desde o equipo doutro centro
Este é o lipdub do IES A Chapela (Redondela)… impresionante!
A xbox 360 é unha consola que me encanta porque podes xogar sen mando, ten xogos moi divertidos e con ela nunca te aburres.
Poñemos a disposición de todos vos unha presentación en PDF que nos introduce na utilización de ferramentas TIC que nos ofreceu a empresa imaxim.com na xuntanza celebrada no IES das Fontiñas co motivo das premios de innovación dos EDLG.
Tamén unha segunda para traballar con arquivos de video e son, cun tutorial do Windows Live Movie Maker
O curso xa comezou e no Equipo de Dinamización da Lingua Galega, estamos esperando a novos colaboradores. A estas alturas xa agarramos cinco novos profes: María Míguez (lingua castelá), Ana Inés (bioloxía), Marta (educación física), Sofía (lingua galega) e Luís Ramíl (Ciencias Sociais) que de seguro van traballar moi duro.
E tamén comezaron a chegar moitos alumnos e alumnas de 1º ESO que se unen a nós. E os que non estivestes outros anos, podedes virvos anotar, polo tanto esperamos por vós.
Ola Clara
Eu son Óscar e teño 12 anos , son do colexio IES Félix Muriel.
Teño un can, dous gatos e algún que outro paxaro .
Vou a música e toco a trompeta .
A ti gústache a música?
Ola! ,son Martin Rodríguez, teño dezaseis anos e estudo 3ª da ESO.
Encántame andar no ordenador e tamén facer deportes, o meu preferido é o piragüismo que o practico casi toda a semana.
Son algo alto e non me considero moi gordo. Non bebo, non fumo, aínda que antes o facía; deixeino hai un ano e estou moi orgulloso de ter deixado iso.Aínda que me ofrezan, dubido moito que volva porque llo prometera a unha gran amiga e nunca volverei.
Ola chámome Alex e son un rapaz de 12 anos e en outubro cumpro 13.
Son algo baixo, pelo negro, e ollos marróns.
Gústame xogar ao fútbol, ao tenis, pero o que máis me gusta e o deporte que máis fago é o piragüismo.
Eu quero coñerte.¿Ti a min?
Imos manter os obxectivos que tivemos estes anos de atrás e imos funcionar da mesma maneira.