Non perdades este vídeo feito polo alumnado de 3º ESO do CPI do veciño concello de Dodro. Unha obra orixinal, chea de glamour, tradición, modernidade…
Laura Losada e María Domínguez, 3º ESO
Hai xa uns días tivemos unha charla da escritora Elena Villar Janeiro sobre Rosalía de Castro con motivo da celebración do aniversario do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837.
A conferenciante contounos retallos interesantes da vida e obra de Rosalía. Deimámosvos aquí o resumo e mais o vídeo da conferencia.
… como este de Carla Vidal. O Entroido tradicional galego
Ou estes outros de…
Segundo a Galipedia, a Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega e, en especial, da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxica; deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
O presidente da Real Academia Galega é, actualmente, o profesor Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928. Licenciouse en Filosofía e Letras na universidade de Madrid e doutorouse na Universidade de Salamanca. Considérase un ensaísta, poeta e conferenciante en galego cunha gran variedade de publicacións. Xesús Alonso Montero é militante do Partido Comunista dende 1962. Este partido defende o centralismo democrático, que ven do marxismo-leninismo.
Moitos aspectos son tratados no último número de Ollos de aula, pero non perdades de ler o resumo dun estudo sobre o uso dos móbiles entre os estudantes, o significado das “reválidas” e mais unha reflexión sobre a revista Oink.
A semana pasada celebrouse a primeira Festa da Patela en Rianxo. Tratouse dun evento dedicado á gastronomía relacionada coa pesca artesanal e o marisqueo no que tamén tivo cabida a cultura a través dunha homenaxe a Castelao. O venres 6 de decembro a banda da Escola de Música de Rianxo tivo o pracer de ser […]