Imaxe de cabeceira
Varia
Artigos nesta sección:

Xa levaba un tempo pensando en estudar Tradución en galego cando asistín o pasado outubro á presentación de Forever in Galicia. Este feito serviume para reafirmarme, pois pareceume realmente interesante poder dar a coñecer obras da literatura galega a outros pobos na súa lingua.

O ano que vén vou estudar Tradución e Interpretación. Si, gústame ser positiva pero como quizais soe un pouco pretenciosa, cambiarei ese vou por un quero. Como esta idea leva na miña cabeza bastante tempo, vexo necesario compartir o proceso de elección da carreira que teño pensado estudar dentro dun ano.

Todo comezou en cuarto da ESO, cando a orientadora nos impartiu unha pequena charla sobre a educación posobrigatoria. Comentounos as distintas opcións que había para chegar á universidade: bacharelato, un ciclo… Logo, falounos sobre as carreiras, coas súas correspondentes notas de corte e ponderacións. Unha vez que tiven nas miñas mans a listaxe con todas elas, fixeime nunha en concreto: Tradución e Interpretación. Intereseime pola mesma, buscando en Internet información. O que máis me chamara a atención sobre ela fora que no papel había catro apartados da carreira: galego-inglés, galego-francés, español-inglés e español-francés. Non sabía cal desas traducións prefería, pero sabía que quería ser tradutora.

  Empezamos! Nesta nova andaina prepararemos novas actividades e proxectos e continuaremos con outros  como a nosa revista Bicodaria, o noso blog “O castelo da lúa”, a nosa páxina web RianxoFala … Convidámosvos a participar! Esperámosvos no noso local (a carón da cafetería)      

Cartel_fíos_Rianxo_1O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha nova actividade recomendada para familias con nenas e nenos de 0 a 5 anos, FÍOS DO QUERER, que se vai celebrar o mércores 6 de xuño, ás 19.00 h, no Liceo marítimo rianxeiro (entrada polo paseo marítimo).

Programada dentro das actividades do proxecto Apego, está aberta a toda a veciñanza que queira pasar unha horiña de música, xogos e diversión coa rapazada máis miúda da casa.

Entre o 25 de novembro e o 8 de marzo, algúns cursos de 1º e 2º de ESO estiveron traballando arredor da igualdade entre homes e mulleres, buscando prexuízos machistas nos contos clásicos, para cambiarlles o final ao conto. Este é o resultado do seu labor…

Por Sabela Loureiro Coto (1 ESO A)

O Patrimonio Cultural Inmaterial está constituído, segundo a UNESCO, polas tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativas á natureza e ao universo e os saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional”. Dende principios do século XX, este conxunto de expresións, herdadas do pasado e transmitidas de forma oral, atoparon na fotografía un valioso rexistro documental e moitas foron as imaxes que se tomaron das expresións culturais espalladas ao longo da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.

Aquí queda o video da actividade final de cohesión TEI no que participou o alumnado de 1º e 3º de ESO. Sobra dicir que a máis da vistosidade do resultado, todo o proceso foi moi gratificante e a participación increíblemente satisfactoria para o alumnado e o equipo TEI de profesoras e profesores. Agora só queda […]

112 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 14  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.