< ![endif]-->
SAÚDOS!!!!!!!
Chámome Esther, unha rianxeira moi guapa de 18 anos, jeje. Vou en 1º de Bacharelato, por mixtas, aínda que debería de ir en 2º, ejem…, iso si, aínda que pareza contraditorio gústame moito estudar.
OLA ¡!¡! Que tal?? Esperamos que por aí estea todo ben. Somos Uxía e Carmen temos 15 anos. Estamos en 3º de ESO aínda que teriamos que ir en 4º, somos pouco estudosas sobre todo Carmen. Somos un grupo formado por alumnado, profesorado e persoal de servizos do IES Félix Muriel de Rianxo, que temos como obxectivo traballar en prol da lingua galega: a nosa lingua. Queremos que sexa unha lingua "normal", e para iso empregámola para facer esta revista dixital, e mais o blog O castelo da lúa. Queremos ter a mesma soltura para lela cá que temos en castelán e por iso montamos o Club de lectura Ex-libris. Grazas a este club xa levamos dous anos lendo e comentando obras en lingua galega, tanto de autores galegos como estranxeiros.
Damos comezo a un novo ano, un novo curso no IES Félix Muriel e voltamos ao traballo nas oficinas do Equipo de Normalización Lingüística, con moitas ganas de comezar a facer artigos e entrevistas do voso interese, para que vos poidades informar sobre as novas do centro e do mundo do estudante, así como outros temas da nosa cultura e da nosa lingua. Tamén levar a cabo os proxectos que levamos maquinando dende fai un tempo para a revista Bico da ría e para o blog O castelo da lúa, onde esperamos recibir as vosas propostas. Encargarémonos tamén de laborar a campaña do Día das Letras Galegas do 17 de maio de 2009, así como moitos outros traballos co fin de atraer a máis compañeiros (tanto alumnos/as como profesores/as) ao noso Equipo e sobretodo, co mesmo propósito de sempre: normalizar a nosa lingua.
A disipación dionisíaca do verán deixa paso ao recollemento, á meditación, á nostalxia. Tempo de lembrar aos mortos e de facer o viño para os vivos. Tempo de botar contas, de recuperar a rutina do traballo dignificante e de varrer as follas vellas. Tempo de espiritualidade, tempo de cultura. Pasou o verán e a cultura vén de camiño (Retranca, outubro 2008)
Tamén nos interesa o noso contorno polo que primeiro estudamos a toponimia, logo fixemos campañas para a galeguización do comercio e agora deunos por axudar na normativización do léxico do mundo do mar. Deportes náuticos (vela, remo de banco fixo e piragüismo), carpintería de ribeira, o cultivo do mexillón en bateas… son os temas nos que nos mergullamos para estudar o seu léxico e tentar buscar o termo exacto en galego e logo difundilo a través de vocabularios e láminas. Tentamos recuperar termos dos mariñeiros referidos ás embarcacións e como ademais van quedando poucos carpinteiros de ribeira, queremos facer unhas curtametraxes onde se recolla o seu traballo
E non só iso, porque tamén organizamos actividades para todos: charlas para os nosos compañeiros/as e para nais e pais, contacontos, elaboración de materiais (trípticos, calendarios, camisetas…). Ah, e temos a todos ben informadiños do persoeiro a quen se lle dedican as letras galegas, desde outubro a maio. Información tamén damos continuamente no taboleiro da lingua; organizamos os concursos de cartas de amor e mais de lectura en alto; participamos nas actividades das coordinadoras de ENDL Leixaprén e mais da do Barbanza… Non paramos! E como nos gusta o movemento, deixamos para o final a actividade coa que máis gozamos: o intercambio co ENDL doutro centro de ensino.
Profesorado:
Valentina Formoso-Lingua galega (Coord. ENDL)
Noemí Álvarez – Lingua galega
Dolores Bretal – Música
Josefa Gamarra- Física
María González- Francés
José Manuel Lobato – Matemáticas
Emilio Losada – Educación Física
Alfonso Martínez – Plástica
Paz Plaza – Lingua galega
Rodolfo Piñeiro- Música
Ana Mª Rivas – Grego
María Rodríguez- Lingua castelá
Rosa Mª Suárez – Inglés
Xabier Vázquez- Lingua castelá
Persoal non docente:
Rosa Mª Iglesias Muíños (Conserxe)