Presentamos neste artigo unha mostra de material gráfico editado dentro do porxecto “No meu mar, na miña lingua” desenvolvido polo noso ENDL desde o curso 2007-2008 ata este curso 2009-2010, momento de finalización deste traballo de recollida de vocabulario.
Dentro do proxecto Abrindo portas en galego, desenvolto polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDL), organizamos múltiples actividades, e unha delas afecta aos empresarios da hostalería de Rianxo.
Desde o ENDL ofrecémoslle a tradución ao galego, castelán, inglés, francés e portugués dun determinado número de produtos elaborados nas súas cociñas.
No ENDL elaboramos un trÃptico para enviarlle ás empresas rianxeiras facéndoas reflexionar sobre as vantaxes que ten que usen a súa lingua propia e habitual tamén para os negocios. Asà demostrarán que o galego é marca de calidade dos seus produtos e dos seus servizos.
Aquí a crónica en detalle de dous dos alumnos que foron a Polonia. As fotos están no artigo anterior… non as perdades!
Os nosos compañeiros que foron a polonia contáronos algo do que fixeron:
-"O primeiro día chegamos ás 11 e pico á casa das familias".
- "O día seguinte fomos ó instituto donde eles estudan e fixemos ximnasia con eles. Logo fomos a Crosno, que é donde vivían eles".
Como estaba programado polo proxecto Comenius os nosos compañeiros e alumnos de 3º de ESO: Adriana, Amaro e Adrián acompañados dos profesores: Rosa e Xavier marcharon para Polonia o dÃa 12 e permaneceran alà ate o 18, na cidade de Korzcyna.
Enviáronos unhas fotos dende alà que colgaremos debaixo do artigo. Non temos moitas noticias deles pero o que sabemos seguro é que están disfrutando moitÃsimo, coñecendo as costumes dos Polacos e praticando inglés. Ademais levaban previsto visitar as cidades polacas de Krosno e Cracovia e mais Bardejov en Eslovaquia. Cando volvan e nos conten as súas experiencias aquà escribiremos algunhas delas.
POLONIA
A súa capital é Varsovia. Outras cidades importantes son: Åódź, Cracovia WrocÅ‚aw, PoznaÅ„, GdaÅ„sk, Szczecin, Bydgoszcz, Katowice e Lublin.
A súa moeda é o zloty.
Dende o ano 2004 pertence á Unión Europea.
TERRITORIO
Aínda que nos mapas Polonia aparece como una chaira ininterrompida, o país ten una diversidade fisiográfica considerable. A altitude do país ten un promedio de 175 m que podemos considerar baixo si o comparamos co continente europeo, que é de 290 m; sen embargo, alcánzanse alturas de 2.499 m na cima dos montes Rysy e de 2.655 m nos montes Tatra e tan baixas como 1,8 m por debaixo do nivel do mar no delta do Vístula, no norte. Existe un marcado contraste entre as dúas terceiras partes do norte do país e a zona meridional restante.
A zona norte é una vasta rexión de chairas e colinas de pouca altura, dividida nas terras baixas do centro de Polonia, as colinas do Báltico e a chaira costeira. Una serie de vales alongados e pouco profundos atravesan as terras baixas centrais; ó norte encontrase a rexión das colinas do Báltico, salpicada de pequenas elevacións e lagos. Unha zona costeira de terras baixas, entre 40 e 100 km de anchura, discorre case pola totalidade da costa do mar Báltico, que con 491 km de lonxitude, é moi suave e regular, a excepción da baía de Pomerania no oeste e o golfo de Danzig (GdaÅ„sk) no leste. O tercio sur de Polonia está formado por varias zonas elevadas adxacentes. Ó sur, o sistema dos Cárpatos occidentais, que comprende os montes Tatra e Beskides, conten as maiores elevacións do país; no suroeste, os Sudetes, que Polonia comparte coa veciña República Checa, alcanzan unha altura máxima de 1.603 m.
As concas dos ríos Vístula e Oder drenan case todo o territorio septentrional polaco ata o mar Báltico; os restantes ríos do país tamén desembocan no Báltico. Polonia ten uns 9.300 lagos cunha superficie media superior a unha hectárea nas rexións das colinas do Báltico e na chaira costeira. Dous lagos, Sniardwy (Spirding) e Mamry (Mauer), superan os 100 km2 de superficie. Polonia ten 120 embalses, que se sitúan principalmente nas colinas do Báltico e nas montañas do sur, aínda que moitos están moi contaminados. Os ríos Vístula, Bobr, Nida, Wislok e Bug Occidental, así como o mar Báltico, están entre os principais sistemas que sofren dende fai anos os efectos dos vertidos industriais e desperdicios domésticos sen tratar; os esforzos que se levan a cabo intentan mellorar a filtración e o tratamento dos vertidos, pero a metade das fábricas de Polonia e un 40% das cidades non dispoñen de sistemas de depuración e filtración.