Nesta subsección recóllense recomendacións de lecturas e novidades.
Comeza o ano lendo en galego from EDLG Félix Muriel on Vimeo.
Se queres información sobre os libros, podes atopala nesta presentación onde poderás clicar sobre a capa do libro e levarate á páxina do libro na web da editorial.
Comeza o ano lendo (presentación) de Pilar Ponte (A profa)
O IES Félix Muriel é marco da novela do escritor rianxeiro e profesor de filosofía do centro.
Por Ricardo Losada
O sábado 17 de xuño preséntase no auditorio de Rianxo ás 19:30 horas a primeira novela da historia da literatura universal cuxo protagonista é un profesor do IES Félix Muriel de Rianxo. Chámase Alberte Hevia, é catedrático de Lingua Castelá e imparte como materia afín Filosofía. Vén a Rianxo escapando por inconfesables razóns da Coruña, e non tarda en namorar de Helena, unha rianxeira de fortes raíces mariñeiras. O autor da novela, X. Ricardo Losada, profesor de Filosofía deste mesmo instituto, escribiu a novela para contestar esta pregunta: pode ser boa a educación que se imparte nun instituto cuxo equipo directivo está planificando o curso mentres nas rúas históricas da vila se celebra o feirón mariñeiro? Como poden educar as novas xeracións de rianxeiros uns tipos que nunca foron membros dunha ghuadalupeña? O profesor Losada promete contestar esas preguntas o día da presentación, polo que considera moi conveniente que toda a comunidade educativa do IES Félix Muriel acuda a ese acto.
Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, é unha novela histórica, composta por varios relatos, os cales están relacionados entre si dunha forma: todos acontecen no contexto da Segunda Guerra Mundial.
Estes relatos son narrados en terceira persoa, pero dunha forma tan maxistral e detallada, que te fai somerxer de cheo na lectura. O título pode encaixar ben dende un principio, pois esa sensación brumosa e de tenebrosidade vai acorde á situación histórica na que nos encontramos, xa que estas narración cóntannos sempre o vivido polas distintas víctimas daquela catástrofe, mais, o nome do libro colle maior sentido cando nos atopamos co relato que comparte título coa novela; nel, a néboa que hai nos campos de concentración de Mauthausen penetra friamente como un animal nocturno nos pulmóns das reclusas, aumentando o sufrimento delas ante o feito de estar naquel lugar, do que , moi probablemente, non sairían con vida.
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014 En 2006 creouse o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil coa intención de fomentar a creación literaria destinada especificamente ao público xuvenil. Despois de dous anos se convocarse, no 2014 lévase a cabo a refundación do premio de literatura xuvenil, baixo a denominación de “Jules Verne”, o […]
Tic-Tac, a máis famosa obra do escritor compostelán Suso de Toro, cumpriu vinte anos. Mais a súa modernidade parece perdurar no tempo, a xulgar polas lecturas que dela fixeron @s alum@s de 1º de Bacharelato. Aquí van algunhas mostras das súas tarefas finais…
A presentación do tríptico coas recomendacións de lectura de Nadal, editado pola biblioteca municipal e os coles de Rianxo, estivo chea de sorpresas e acutacións de todos os centros educativos do concello. No seguinte vídeo pedes ver a todos os artistas que participaron http://youtu.be/WpDxlzXfvWY
Na seguinte ligazón podes ver as lecturas de Nadal que este ano te recomendamos dende as bibliotecas dos centros educativos e a biblioteca municipal de Rianxo.