No Ies Félix Muriel quixemos celebrar o Día Europeo das Autoras e Autores homenaxeando o escritor rianxeiro que lle dá nome ao noso centro, Rafael Dieste. Para iso, este pasado luns, xuntáronse 83 alumnas e alumnos para ler en conexión retransmitida en directo o seu libro de contos ‘Dos arquivos do trasno’. Deixámosvos aquí o primeiro dos dous vídeos onde podes ver e escoitar a lectura completa da obra. Felices lecturas! #ReadWithEurope