Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / ...
Club de lectura Ex Libris
Artigos nesta sección:


guerracivilDespois de lermos o libro estivemos a reflexionar sobre o que nel se nos presenta e agora deixámosvos aquí a nosa opinión.

En apenas unhas cantas páxinas Xosé Fernández Ferreiro é capaz contar unha historia  que recrea unha época crucial na historia de España e por extensión en Galiza.  Pero non o fai de calquera forma senón con realismo verista, crueza e eficacia narrativa.

Estivemos lendo Agosto do 36, un libro que se remonta ao inicio da Guerra Civil española, guerra na que os falanxistas xuraron limpar España de comunistas e herexes. Esta realidade faise patente coa historia de Sara e o seu marido, Gregorio,  unha parella de mestres de Abades de ideoloxía vermella, vítimas da trama dun asasinato coñecido como […]

alpes-franciaXa rematamos de ler ” O homem que plantava árvores” tradución ó portugués da obra do autor francés Jean Giono, que  presentamos  nun artigo publicado hai un tempo.

Fátima Somoza (2º Bac.)

Agosto do 36 é unha obra narrativa escrita por Xosé Fernández Ferreiro e publicada en 1991. Recibiu o Premio Xerais neste mesmo ano.

Neste libro, ambientado no verán de 1936, cóntasenos as situacións que levaron, na parroquia de Abades, a que unha parella de mestres finalmente acabasen en mans de catro falanxistas, partidarios do réxime. Antes de atoparse nesa situación, Gregorio e Sara coñecéranse dende pequenos e ambos formáranse como mestres, oficio que anos máis tarde exercerían en San Ramón de Fontiñas. Tamén aquí casaran.  Sara era unha muller das máis

  Tal e como vos dixemos noutro artigo, estamos lendo o libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.     Desta vez lemos “Un artista do neón”,  ” Vanesa e o anuncio de televión” e “O caso do estraño empregado”. O primeiro deles trata dun home que traballaba nunha fábrica de rótulos de neón. Ás veces […]

Titeuf 

    Titeufredu-Ficha Bibliográfica:

TITEUF: El sentido de la vida.

Editorial Glenat.

Barcelona 2008

 

Como xa vos anunciamos comezamos a ler o libro “Contos por palabras” e, aínda que vos pareza algo fácil, para nós é un reto moi grande pois non estamos afeitos a ler. Lemos e estivemos debatendo sobre os  dous primeiros contos que teñen en común que os protagonistas buscan parella. No primeiro trátase  dun home […]

21 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.