Aida, Eduardo e Laura estiveron na Escola do Cruceiro (pertencente ao CRA) contándolles contos aos pequenos de 3 a 6 anos, actividade que se desenvolve dentro do proxecto RianxoFala na que colaboramos os dous centros xunto co Colexio Brea Segade de Taragoña. Aquí o vídeo:
Desde o xoves 23 ao xoves 30 proxectaremos na Biblioteca as creacións do alumnado de 1º de Bacharelato arredor da obra de Suso de Toro, Tic-Tac.
Tic-Tac xa se fixo maior de idade, xa cumpriu os 20 anos; pero este trimestre medrou un pouco máis coas 62 lecturas feitas da obra, no Félix Muriel, polo alumnado de 1º de Bacharelato.
Durante tres días visitaron a nosa biblioteca uns seres máxicos. María, Alicia e Amanda presentáronnos a estas curiosas criaturas. http://gorinho.gl/2014/cocon_14.htm
O pasado día 29 de outubro seis alumnas de cuarto de ESO, participamos nunha actividade que consisitía en ir ao CEIP A.D.R. Castelao a lerlles un conto de medo aos nosos afillad@s lectores. Esta actividade xa a fixéramos o ano pasado e a experiencia foi tan boa, que non dubidamos en repetir. Antes de ir […]