Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios

Enlaces interesantes a medios de comunicación

Artigos nesta sección:

Entrevistas e montaxe audiovisual realizadas por María Villanustre, Miguel Otero e Diego Mirón; alumn@s do grupo de traballo de 2ºBacharelato que se encargaron de desenvolver as actividades do 25N19.

Laura Sobradelo e Lía Seijas prepararon esta presentación para apoiar as súas charlas arredor do 25N nas aulas.

Resultado de imaxes para conflito catalánO conflito catalán é unha das novas cuxa presenza nos medios nos últimos tempos é abundante. Os medios de comunicación , ao igual que noutras aspectos, manipulan a información. Por tanto, considero que a perspectiva que se dá sobre este tema é excesivamente subxectiva en determinados sitios web xornalísticos.

En primeiro lugar, debemos sinalar que todos os medios de comunicación teñen un obxectivo común, informar. Teoricamente todas as televisión, radios e xornais  deberían transmitir o mesmo , mais na actualidade existen cada vez máis o fenómeno de persuasión. Isto é un aspecto prexudicial para o receptor, ao manipular o seu sentido crítico sen decatarse dese feito.

Por outra banda, hai que lembrar que diariamente todas as televisións emiten imaxes sobre as manifestacións en contra da sentenza do ´´Procés´´. Mais este contido adoita estar manipulado , tanto en medios públicos como en privados, por unha razón: o beneficio económico de terceiras persoas. Persoas que gañan moito diñeiro por enganar a xente que só recibe o que a televisión transmite. De verdade queremos un mundo así?

Nos últimos días, os actos vandálicos en Barcelona son o único feito captado pola prensa. Por outro lado, os miles de manifestantes que reivindicaban o dereito de autodeterminación non foron vistos polos telespectadores. Sen dúbida, o mundo xornalístico pretende ensinarnos unha vez máis o que realmente lles interesa que a xente vexa,  provocando que a xente teña prexuízos cara os independentistas considerándoos de ´´vandálicos, violentos e antidemocráticos ´´. Os activistas pacíficos defensores da Independencia de Cataluña non foron nomeados en ningún momento, demostrando o interese persuasivo unha vez máis.

En definitiva , debemos pensar unha vez máis que supón ser informados de xeito subxectivo. Toda subxectividade dende o mundo da información é negativa, pois así , o pobo non coñecerá correctamente o que acontece no mundo que lle rodea e o conflito entre a cidadanía será maior. Se mostramos maior interese polo sentido crítico, a convivencia poderá ser mellor e en consecuencia, a subxectividade da prensa será combatida.

Resultado de imaxes para crise catalá na prensa internacionalOs medios de comunicación transmítenos información (supostamente) obxectiva da cal podemos fiarnos pola súa veracidade. Pero o problema aparece cando nos decatamos de que as subvencións outorgadas a eses medios pasan polo Goberno en funcións e mesmo pola ideoloxía do redactor que escribe; polo que, moitas veces, esa obxectividade transfórmase en subxectividade na sociedade da posverdade, na que se pretende orientar, controlar ou dominar o pensamento público, non só no referido aos sucesos en Cataluña, senón tamén en todos as novas de actualidade das cales poidamos ser informados.

En primeiro lugar, debémonos cuestionar todo, pois nós non estamos en Cataluña, non sabemos como se vive alí o día a día e, moitas veces, non estamos situados no contexto correcto, por exemplo cando vemos certos vídeos ou imaxes que posteriormente resultan duramente criticadas en redes sociais ou noutros medios por tratárense de farsas (bulos).

Así mesmo, temos que entender que os medios de comunicación son propiedade ou, en moitos outros casos, mantéñense en pé grazas a acción do goberno cos cartos que lles dá, polo que, se o goberno califica de “golpistas” aos cataláns implicados no 1-O, o redactor ou emisor, nomeará do mesmo xeito esa realidade, o que claramente influenciará o pensamento do receptor creando unha visión negativa.

En moitos outros casos, non é o goberno que incita a escribir de xeito negativo sobre a realidade catalá, pode darse o caso de que o propio redactor, seguindo a súa ideoloxía, aproveite para dar a súa opinión do tema de xeito sutil, sen saír da aparente obxectividade; pero estará opinando, non informando como é o seu deber.

No mundo da comunicación non imos saber nunca canto hai de certo nunha información que se nos transmite, todos buscamos os nosos intereses e o noso maior beneficio, aínda que sexa a costa de falsificar ou manipular a información. Pero o peor parado sempre vai ser o receptor, que precisa dos medios de comunicación, do labor dos xornalistas para coñecer a verdade e a partir dela formar a súa propia opinión con sentido crítico; pola contra, recibirá opinións, non información e creará falsas realidades e puntos de vista alleos moitas veces á verdade.

Non sabemos cando rematará todo o tema de Cataluña nin como se solucionará todo ao final, pero unha cousa está clara, os independentistas son os “malos” da película e sempre van saír mal parados a ollos do receptor.

Hoxe en día non deixamos de ver nos medios de comunicación día si e día tamén catástrofes naturais que arrasan poboacións arredor de todo o mundo. Son moi recorrentes as falsas promesas dos grandes líderes políticos ao respecto, ocultando un interese económico detrás delas, e sufríndoas as persoas con menos recursos económicos. Acaso non é o mesmo que haxa un terremoto nun país rico que nun país pobre?

Non podemos comparar as infraestruturas de, por exemplo, California e Haití. Os edificios do estado americano están feitos con intención de que o edificio aguante calquera tipo de movemento de terra, mentres que as edificacións de Haití están feitas con menos coidado e precisión, tendo como consecuencia unha construción moi vulnerable. San Francisco é un lugar onde os terremotos xa son algo cotiá para os seus habitantes, sobre todo para os mais lonxevos, onde no ano 2008 un terremoto de magnitude 6 sacudiu durante un minuto a cidade. Por outro lado, atopámonos co terremoto de Haití dous anos máis tarde, o cal chegou á magnitude 7 na escala Richter, e aínda que a diferenza non foi abismal, as cifras si que o foron: na cidade estadounidense as vítimas foron de cero persoas, mentres que en Haití os mortos superaron as 315.000 persoas, sendo feridas 350.000 e damnificadas outras 1.500.000.

O pasado 6 de abril, Ana Romaní, unha poeta de Noia que é unha figura imprescindible do xornalismo cultural, entrou como membro da Real Academia Galega.

Os académicos falan da súa entrada na Real Academia Galega alabando a súa actividade cultural e na grandísima comunicadora que é. Por todo iso, o presidente da RAG, Víctor F. Freixane, fíxolle a entrega da medalla e diploma de académica de número.

Ana Romaní ocupa o posto que quedou vacante tras o falecemento de Xohana Torres, no 2017. Choca bastante que nomes femininos ocupen cargos tan importantes e máis cando un posto de tal importancia pase dunha muller a outra. Por iso Ana quixo reivindicar no seu discurso o labor moi importante dalgunhas mulleres, xa que ninguén o fai.

138 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  |   | 18  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.