Enlaces interesantes a medios de comunicación
Alumn@s do IES Félix Muriel entrevistaron o 20 de marzo ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e ao alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, nun acto de irmanamento entre Padrón e Rianxo, coa plantación dunha figueira traída da casa de Rosalía para o pazo de Rianxiño.
Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da literatura galega e da historia de Galiza. Polo tanto, o pasado sábado 19 de marzo tivo lugar un acto coa intención de conmemorala no pazo de Rianxo. O acto consistía en plantar tres árbores: unha figueira e dúas camelias. A figueira é un anaco da que xa fora plantada con anterioridade na horta da escritora.
En xeral, foi un acto para simbolizar a unión de dous pobos, o padronés e o rianxeiro, a través da Fundación Rosalía de Castro e da propia autora. Como ben aclara o alcalde de Rianxo durante a entrevista, “este acto é unha forma de reivindicar a cultura que comparten este concello e Padrón e á figura de Rosalia como nai da nosa cultura, así como o pai é Castelao”.
-Que se conmemora no acto?
-Dúas cousas que eu entendo fundamentais para Rianxo, por un lado a irmandade de Rosalía como algo que une a toda Galiza e evidentemente a Rianxo. É un elemento fundamental nese coñecemento e ese agarimo global que temos pola figura de Rosalía, xa que ademais Rianxo ten un especial vínculo con Padrón nas festas da Pascua, da Guadalupe e de tránsito entre os dous concellos que nos fai especial. De aí que tamén, por Rosalía e con Rosalía nos vinculemos tamén dunha dobre maneira: tanto por ser ela quen é, e ademais por sermos pobos irmáns. Polo tanto é un agasallo, tamén un motivo máis de unión dos dous concellos.
Alumnado de toda Galiza prepárase para conmemorar a ‘semana da prensa’ na escola. Desde a Consellaría de Educación convidan os centros escolares a escoller un día da semana vindeira, entre o 8 e o 12 de marzo, para traballar nas aulas con xornais. ‘Nós Diario’ súmase a esta celebración co lanzamento do especial ‘InFormarNos‘.
Para celebrar este 8 de marzo, un grupo de alumnos e alumnas de 1ºESO do IES Félix Muriel preparaou a versión de Sés do tema de El Diluvi E ti, só ti en linguaxe de signos.
Carvalho Caleiro foi un historiador da lingua, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor Galego, participou na revista Nós ingresou no seminario de estudos galegos, colaborou na redacción do estatuto de autonomía e entrou no partido galeguista; naceu a comezos do século XX(1910) e morreu a finais(1990). Publicou toda clase de obras literarias en galego, desde poesía, pasando por teatro, narrativa e ensaio.
Loxicamente a unha persoa tan importante e influente na lingua galega habería que dedicarlle algún ano o día das letras galegas, xustamente foi este 2020, trinta anos despois da súa morte. A pregunta que moitos nos facemos, por que tan tarde, por que non antes, a que se debe este “desprezo”.
Dende ai dez anos realizáronse comisións en Ferrolterra para que o Día das Letras Galegas fora dedicado a este autor. Pero agora, en 2020 foi escollido.
Se imos a unha aldea do País Vasco e a unha galega decatarémonos de que en ambas se fala o idioma propio de cada unha pero se imos ás cidades, no caso de Euskadi veremos unha escalada no seu uso. En Galiza iso non ocorre tan facilmente.
O éuscaro e o galego teñen o mesmo status oficial xa que son consideradas linguas cooficiais co castelán nos seus respectivos territorios. Pero as cifras do Goberno Vasco afirman que nos últimos vinte cinco anos o euskera gañou 223.000 falantes e continua día a día. Pola contra, o Instituto Galego de Estatística revela que se perderon máis dun 8% de galegofalantes en tan só cinco anos.
Isto é, moi probablemente, debido aos diferentes prexuízos establecidos, dende hai séculos en Galiza, sobre o galego que fan que deixe de usarse e non se transmita de xeración en xeración. Non ocorre así en Euskadi, alí a poboación en xeral ten unha conciencia lingüística positiva sobre o seu idioma e ben estruturada.