Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

Por: Alicia Quintáns (2º ESO-A) Como  sempre, partimos do instituto para ir ata A Coruña en autobús acompañados dalgúns profesores, neste caso Paula, Manuel, Esperanza e Paz. Pasamos lista de todos os que iamos e arrancamos repartíndonos en dous autobuses cando comprobamos que estabamos todos os que acordaran ir. Ao chegaren alá, fomos primeiro o […]


Hai seis anos, como Teseo chegou a Creta, chegastes vós ao Instituto, dispostos a percorrer o seu labirinto. Primeiro obrigatoria e despois voluntaria e valorosamente, dispost@s a loitar contra o Minotauro, ese monstro voraz que vos agardaba oculto en cada proba, en cada exame. Ese monstro atopástelo tamén no voso interior (inseguridades, ansiedades, tristuras) disposto a devorarvos en calquera momento e a derrotarvos no voso camiño. Pero lograstes dominar o monstro, rematar a tarefa e saír do labirinto, non para regresar á casa-nai, senón para iniciar a vosa viaxe polo mundo, para entrar nun novo labirinto: a vida!

Todo o alumnado de 1º ESO puido disfrutar do espectáculo do polifacético noiés, Serafín Marcos. Quédavos aquí un vídeo coa actuación:

 

masterclass

O pasado 4 de marzo deste 2016 dúas estudantes de 2º de Bacharelto do IES Félix Muriel fixemos unha viaxe a Santiago de Compostela , onde tivemos o pracer de asistir a unha Masterclass relacionada coa Física de Partículas, denominada Física de Partícula coas mans, experiencia que compartimos con varios institutos de Galicia.

 

DIA DE ROSALIA (13)redNo noso IES celebrámos o Día de Rosalía con varias exposicións sobre a obra e sobre a vida da autora. Se aínda non as viches, anímate a visitalas; estarán ata este vindeiro venres 4 de marzo

DIA DE ROSALIA (4)red

O pasado luns, 1 de febreiro, tivemos a sorte de que nos visitase o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo xunto co Comisario de arte Miguel Fernández-Cid. Tal e como anunciamos nun artigo anterior, quedaron impresionados co traballo que realizou o alumnado do noso IES coa obra plástica de Castelao, polo que decidiron vir vela en primeira persoa.

Estiveron falando con eles durante vinte minutos, tempo no que os felicitaron e contestaron algunhas preguntas, entre elas a razón de termos un Ano das Artes e o motivo da escolla dos dous artistas homenaxeados ata o momento.  Agasallámolos cos nosos “pensamentos”.

EXPOSICION LUZ (2)O pasado venres 6 de novembro, os alumnos de 4º ESO do IES Félix Muriel fomos ata Santiago de Compostela co obxectivo de conmemorar un ano máis o “Día da Ciencia en Galego”, neste caso, relacionado coas tecnoloxías da luz.

galiciencia

Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz

 

O Departamento de Física e Química ten intención de ir alá. Para iso anímavos a participar no concurso de fotografía. Entrade no artigo, lede as bases … e Animádevos!

212 Artigos |   | 1  |   | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  |   | 27  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.