As actividades do noso centro
Hoxe día 21 de xuño, estivo no noso instituto a axente da garda Civil Mar , para falarnos sobre os peligros das novas tecnoloxías e como evitalos. Aquí deixo unha escolma dalgúns dos temas tratados: Como se pode infectar un ordenador dun Virus? – Por causa dun Pen que está infectado. Pode repararse activando o […]
Desenvolvemos durante este curso varias actividades referentes ao mundo da lusofonía. As celebracións máis destacadas, centráronse no aniversario do 25 de abril, o 6 de maio, Día da Lingua Portuguesa cun recital de poemas de escritores e escritoras de tódolos tempos recitados polo alumnado que cursa esta lingua e por profesorado que manifestamente expresa nun acto […]
Por Laura Fandiño Doval e Iria Victoria Vidal Figueira.
O mércores pasado, día 7 de xuño, recibimos no IES o alumnado do Colexio español en Londres, o Cañada Blanch. Neste centro o alumnado pode cursar a materia de lingua galega e foi o alumnado de secundaria que estuda a nosa lingua o que se achegou ao noso centro para pasar unha xornada de convivencia connosco dentro dos catro días que pasaban en Galicia.
Por Gabriel Figueira e Laureano Figueira O pasado venres 2 de xuño de 2017, chegaron ás 11 da mañá un grupo de alumnos e alumnas, xa coñecidos e amigos nosos do “IES Aquis Querquernis de Bande”, aos cales recibimos coa rianxeira interpretada polo alumnado do equipo que toca na banda coa colaboración de Ramón Veiga. […]
Nos pasados días tivemos no noso instituto a visita dos alumnos e alumnas dos colexios de Rianxo que no
vindeiro curso estarán aquí cursando 1º de ESO.
Na recepción ademais de compoñentes da dirección encargados de darlles a benvida, estiveron presentes ex-alumnos e alumnas dos colexios que na actualidade están a piques de rematar o seu primeiro curso de ESO e que o ano pasado estaban nos colexios do concello.
Por Ricardo Mosquera (3º ESO)

O pasado venres día 5 de Maio, parte do alumnado que colaboramos en Normalización, fixemos un intercambio co alumnado do Equipo do IES Aquis Querquernis de Bande.
Á chegada recibironos no seu local de traballo, no instituto. Un rapaz e unha rapaza, gañadores dun concurso de relatos a nivel galego, interpretáronnos os textos cos que gañaron. Logo mesturámonos nos autobuses para irnos coñecendo.
Visitamos os lugares máis rechamantes dos arredores coma o Concello de Lobios; o campamento romano e a Igrexa visigótica de Santa Comba.
O pasado venres 19 de maio, o alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo recibiu a 52 alumnos e alumnas, estudantes de secundaria no Agrupamento de Escolas Afonso Sanches da localidade lusa de Vila do Conde.