As actividades do noso centro
Por Mónica Iglesias
Unha mesma viaxe disfrútase
tres veces: cando soñamos con ela, cando a realizamos e cando a lembramos. Agora que xa comenzou o 2018 aínda seguimos disfrutando das lembrazas da viaxe a Londres do ano pasado. Cada viaxe é única e irrepetible, porque os intres e as persoa así o fan: risas, alegría, verbas e sentimentos irrepetibles. Non conto máis porque cada un dos meus maravillosos acompañantes nesa aventura estará disfrutando agora mesmo dun deses intres na súa cabeciña… Déixovos algunha foto desa maravillosa viaxe na que tanto disfrutei.
Por Marta Figueira e Sabela Loureiro (1º ESO)
Tal e como xa contamos no artigo anterior, a semana pasada comezaron as charlas da garda civil. A persoa que veu o primeiro día, o 29 de xaneiro, acedeu amablemente a respondernos unhas preguntas e permitiu que gravásemos a entrevista. Deixámola aquí para que a escoitedes, porque é moi interesante para toda a mocidade.
Por Zaida Vidal e Elena Ramos
O pasado luns 22 de xaneiro comezaron as charlas da Garda Civil no noso centro. Durante catro días estiveron falándonos, a todo o alumnado da ESO sobre diferentes temáticas. O luns empezaron dándolles unha charla ós nenos e nenas de primeiro da ESO, sobre novas tecnoloxías e o martes 23 seguiron cos de segundo da ESO, e faláronlles sobre o acoso escolar.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organizou unha nova actividade formativa destinada ás familias con crianzas de 0 a 6 anos e a persoas coidadoras e docentes, incluída no programa Apego de dinamización lingüística da primeira infancia. Co título Fálame moito, fálame ben desenvolveuse unha charla-obradoiro na que se falou da estimulación […]
Como xa vistes no artigo anterior, Soledad Felloza non deixou indiferente a ninguén no IES. Aquí deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica das dúas sesións.

Soledad Felloza estivo no Félix Muriel o pasado venres, tal e como anunciamos. Non deixou indiferente ao alumnado nin de 1º ESO (1ª sesión) nin de 4º ESO (2ª sesión). A mensaxe foi clara e a contada marabillosa. Deixamos un pequenísimo vídeo con dous momentos da actuación.
Vídeo moi interesante. “Sentir si é cousa de homes”