Espazo para a creación artística: literaria, gráfica…
Acaba de chegar á nosa redacción a noticia de que a poetisa galega Yolanda Castaño, de 32 anos, recibiu o premio Ojo Crítico de Poesía o pasado xoves 19 de novembro de 2009.
O xurado formado por sete membros que se moven polo mundo da literatura entregáronlle o dito galardón á vangardista da nosa terra pola súa obra “Profundidad de campo”.
O ano pasado tivémola connosco para que nos dera unha conferencia sobre a súa obra, vivencias, experiencia profesional e literaria…
Podedes encontrar máis información sobre ela e a súa visita ao noso IES na revista Bico da Ría.
O noso compañeiro Alfonso MartÃnez, profesor de plástica do IES e colaborador co ENDL, é un gran artista. Este murciano, co que temos a honra de contar no IES Félix Muriel, pinta desde hai moito tempo pero ultimamente tamén se dedica á banda deseñada. Está a punto de sacar unha publicación toda feita de cómic, pero mentres non sae, deixounos aquà unha mostra do seu bo facer. O guión é dun amigo seu que se baseou nun relato que fixera cando estaba no instituto. Alfonso preparou os deseños e o resultado é o que vedes.
Estade pendentes porque cando saque a súa obra de banda deseñada Ãmolo publicar aquÃ.
O pasado 30 de abril estivo no noso IES Yolanda Castaño. Antes da súa charla co alumnado, dúas alumnas entrevistaron á escritora facéndolle unha serie de preguntas nas que a poetisa manifesta o seu punto de vista sobre diferentes e variados aspectos da súa traxectoria profesional.