
A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou
A súa primeira publicación en galego dentro da literatura xuvenil foi «Mar Adiante», en 1973, cando aínda estabamos na ditadura e non se podía ensinar galego nas escolas.
Dous anos despois, gañou o 1º Premio do Concurso de Contos Infantís O Facho coa obra «O cataventos». E a partir de aí deixounos unha rica produción literaria para o público infanto-xuvenil, a quen consideraba sempre moi intelixente e polo que sentía un grande respecto. Mirade todos os títulos:
María Victoria Moreno Márquez era filla dun militar e dunha mestra. Naceu na provincia de Cáceres o 1 de maio de 1939, aínda que ela ten dado como data de nacemento o 1941.
Estudou o bacharelato en Barcelona e Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid cos profesores Rafael Lapesa e Dámaso Alonso.
En 1963, con 22 anos, trasladouse a Galicia onde comezou a súa carreira como profesora de Lingua Española. Traballou en institutos de Lugo, Sanxenxo e finalmente Pontevedra, cidade esta onde, en 1968, abriu -xunto con outros intelectuais- a libraría Xuntanza, na que se podían atopar, entre outras, obras prohibidas pola censura, coma as de Castelao.
No eido editorial, foi codirectora de Árbore, a colección infantil de Galaxia, desde o seu inicio. Morreu no ano 2005 en Pontevedra.
A continuación podedes lera a Biografía publicada na páxina da Real Academia Galega Por: Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey