Co gallo da celebración das Letras Galegas, organizamos a lectura de textos na entrada do IES. Despois da lectura cadaquén apañaba unha galleta, dun ou outro tipo, a escoller…
Mañá venres continuamos, así que toda a xente que aínda non se participou ten a última oportunidade… Xa sabedes, é doado, pedides copias no local do (…)
Presentación que recolle a obra da escritora homenaxeada
Tamén podes descargala neste enlace: Libros Mª Victoria
Este cartaz foi diseñado pola exalumna do noso Equipo de Normalización Adriana Antelo Melón a partir da información que publicamos no tríptico informativo e vai servir para complementar a difusión sobre a obra da autora que estamos a facer no centro para toda a comunidade educativa.
Agradecemos a colaboración a implicación do ex-alumnado do centro nas actividades normalizadoras do centro.
Este cartaz foi deseñado polo noso Equipo para ambientar os recreos nos que se van realizar as lecturas para conmemorar a María Victoria Morena polo Día das Letras Galegas de 2018.
Durante os recreos do martes 15, mércores 16 e venres 18 de maio, na entrada principal, ao lado do muro de Rosalía, preparamos o espazo de lectura de Mª Victoria Moreno.
Quen lea poemas vai ter un agasallo doce, así que animamos a toda a comunidade escolar a participar na actividade á que chamamos Lectura con dozura
Presentámosvos algúns dos cartaces que preparamos para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018, destacando que é a 4ª muller homenaxeada desde 1963, é dicir, en 55 anos só houbo 4 mulleres galardoadas.
Este deseño é da ex-alumna Adriana Antelo Melón, elaborado a partir da idea orixinal que