Proxecto audiovisual realizado polo alumnado de 2ºESO, baixo a dirección de Marcos Gallego.
Non acostumo escribir sobre o tema que quero tratar hoxe, mais creo que coa miña idade pórme seria de vez en cando non me ben nada mal, nin a min nin a todos aqueles que me len, sobre todo ós que desexan que chegue este día da semana no que publico algo.
Ninguén o comprendería. Mais, se o comprendesen, a quen llo ía
contar? Para que? En canto o contas pasas de ser ti, de ter un nome e
unha identidade a ser unha vítima.
Pódeme a impotencia de non poder facer nada para cambiar a situación. O que máis me doe non é como me trata a min, senón como a trata a ela.
.
Todos os domingos chega borracho á casa e temos que nos agochar nos nosos cuartos para que nos deixe tranquilas. Non soporto ver como lle grita, como a insulta, como a menospreza. E o que máis me saca de quicio son as escusas que pon ela. Pero como o pode defender?
“Segue sendo teu pai”
Por X. Ricardo Losada Madrugar. Mexar con fluidez. Mirarte ao espello, chiscarte o ollo e gozar de que o tempo aínda pase. Ducharte en auga fría e notar que nun instante milagroso a somnolencia deixa paso á lucidez. Pór roupa interior que a pel agradece limpa. Acomodarte no estudo e escribir ao ditado do somnámbulo […]
Por X. Ricardo Losada
Este ano celebramos o centenario das Irmandades da Fala e o 130 aniversario do nacemento de Castelao. O Equipo de Normalización Lingüística do meu instituto de Rianxo comezou a realizar actividades desde o primeiro día, e unha delas trastocoume a miña rutina emocional. Nas escaleiras que soben ao primeiro andar, algúns alumnos pintaron debuxos de Castelao nos azulexos da parede. Como teño tendencia ás asociacións retorcidas e distantes, non me estrañou que a primeira vez que os vin asociase aquela actividade co pintor neerlandés M.C. Escher. Unha pedantería máis da miña mente, pensei, un pouco farto de min mesmo.
Por José Nine Ces
Tema composto orixinalmente para o documental Naviegos e vosoutros arraianos, realizado por Ovidio Fernández e gravado nos estudos da RTVG no ano 2001. Para a música deste documental, contan co grupo de Jazz ADN formado por José Nine aos saxo e frautas, Manuel Gutiérrez ao piano, Rafa Morais ao baixo e LAR Legido á batería. Os temas gravados por ADN este documental foron:
Minor Blues, TDT, Navia, Canción dás frautas, Zipitrón, Tira millas, Salvavidas 1, Salvavidas 2 (compostos por José Nine). Silence (composto por Charlie Haden).
O pasado mes de marzo levouse a cabo unha iniciativa que durmía un sono profundo dende os tempos da II República. Protagonistas, as illas Malveiras, as irmás pequenas da Cortegada de loureiros e biluricos, da pastora co remo na man que coida das augas mansas do Ulla.
Pois daquela houbera unha iniciativa popular que pretendía erguerlle unha lembranza pétrea ao poeta que arrecendía a salseiros e furnas xiróvagas.