Espazo para recoller poemas e todas as actividades de homenaxe que se fagan arredor do autor
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballéi cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastéi o tempo co xornal dos sábados,
pasóu a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estóu vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igoal que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdéu,
iste gran Reino?
Non pretendiamos facer un libdup, só pasalo moi ben e homenaxear a Celso Emilio e sobre todo á nosa lingua.
O mércores 19 de decembro entregaranse os premios do concurso de recitado de poemas de Celso Emilio Ferreiro, será na biblioteca no 2º recreo. Neste vídeo podedes ver aos participantes
Ãs 12 da mañá recitamos a Celso Emilio tal e como viñamos anunciando. 140 alumnos e alumnas, 15 membros do profesorado, membros do persoal non docente e mais catro membros da corporación municipal démoslle voz ao poema “Deitado frente ao mar”.
Estade atentos/as que habemos poñer o vÃdeo en breve, mentres vedes aquà unha pequena crónica.