O pasado 20 de Outubro celebrouse a quinta sesión do ciclo “Galicia, Ceo das Letras”. Este proxecto, organizado pola Cidade da Cultura, consiste nunha andaina dedicada a festexar aos nosos autores. Nesta última, o homenaxeado foi Don Ramón Otero Pedrayo. Seguindo o patrón destes “Sábados de autor´´, comezouse a sesión cunha charla do Ensaísta e Catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares, consumado especialista na figura de Don Ramón. A continuación, a compañía Casa Hamlet, interpretou unha peza teatral baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo.
A vindeira sesión (19 de Novembro) adicarase ao autor Federico García Lorca. Os interesados poderán atopar máis información ou reservar praza na páxina web da Cidade da Cultura: http://www.cidadedacultura.org/cultural/seccion.aspx?Id=331
Na sección “a pie de calle” de “La Voz de Santiago” do día mércores 30 de novembro (San Andrés) sae esta breve reseña sobro o novo libro que acaba de publicar o noso compañeiro e profesor do IES Félix Muriel de Rianxo Don Xosé Manuel Lobato
Acaba de chegar á nosa redacción a noticia de que a poetisa galega Yolanda Castaño, de 32 anos, recibiu o premio Ojo Crítico de Poesía o pasado xoves 19 de novembro de 2009.
O xurado formado por sete membros que se moven polo mundo da literatura entregáronlle o dito galardón á vangardista da nosa terra pola súa obra “Profundidad de campo”.
O ano pasado tivémola connosco para que nos dera unha conferencia sobre a súa obra, vivencias, experiencia profesional e literaria…
Podedes encontrar máis información sobre ela e a súa visita ao noso IES na revista Bico da Ría.
O pasado 30 de abril estivo no noso IES Yolanda Castaño. Antes da súa charla co alumnado, dúas alumnas entrevistaron á escritora facéndolle unha serie de preguntas nas que a poetisa manifesta o seu punto de vista sobre diferentes e variados aspectos da súa traxectoria profesional.
O noso profesor, X.M. Lobato, profe de matemáticas, e compañeiro colaborador do ENDL escribiu -como xa sabedes- Retorno a natura, cuxas ilustracións foron realizadas polo tamén colaborador do ENDL e profe de plástica: Alfonso Martínez.
Preséntase hoxe en Rianxo.
Acábase de publicar O ciclo do ano, un de cuxos coautores é Xosé Francisco Noia Souto, un antigo compañeiro do noso centro.
A asociación A Regionalista acolle un colectivo de persoas que desde o ano 1992 se vén preocupando polo carácter e a idiosincrasia do noso pobo. Dende hai máis de 15 anos percorre o territorio do país indo máis aló do que son as fronteiras administrativas galegas, pois entende que a cultura non sabe de lindes senón de persoas.
O traballo recollido nas súas páxinas pretende ser un pequeno tributo a toda a xente anóma que fai posible – a través do recordo – a identificación de Galiza coma pobo, é dicir, cunha cultura ancestral propia.
Esta achega amosa o devir dos anos dedicados a recoller todo tipo de manifestacións culturais de raíz galega coma bailes, música, traxes, instrumentos, cantigas… xunto a isto pretende dar a coñecer costumes propios do noso pobo – ás veces do máis curioso como o tocar dos trebóns en Vilariños de Conso para avisar da chegada do recadados de impostos – , curiosidades que moitos descoñecen e que non é desexable que esmorezan no maxín duns poucos ou no caixón dalgún escritorio.
Inténtase que o lector participe – a través das súas páxinas – da experiencia vivida no seu día e se decate da riqueza do patrimonio inmaterial da nosa terra que está a desaparecer. En sete episodios percórrense as catro provincias galegas destacando en cada unha delas vivencias de carácter etnográfico que xiran en torno ao ciclo do ano.
A nosa cultura está marcada por celebracións – moitas veces de orixe pagá – que marcaban o transcorrer anual en tempos pasados. No estudo escóllense – nun traballo que podería ser inabarcable de non poñer limitacións – momentos claves do ano no quefacer diario dos nosos ancestros, desde decembro coas vivencias de Nadal, pasando polo Entroido, a Semana Santa, os Maios, as Añas (ciclo de millo), a Seitura e finalmente a Tasca do liño no inverno. Unha viaxe circular que comeza e remata nos meses inverníos.
As tres persoas que realizan este proxecto desexan que os acompañemos de “recollida”, termo empregado para viaxes e traballos como os que nesta obra presentan, polos setes episodios que pretenden dar conta dunha pequena mostra do que foi a vida do noso pobo, e da que desafortunadamente cada vez hai menos rastro.
Podedes ver un fragmento da actuación no vÃdeo que engadimos ó final.
Recordades que o pasado 30 de abril a poeta Yolanda Castaño estivo no noso IES? Se mirades unhas páxinas atrás veredes o artigo coas fotos correspondentes do acto. Hoxe publicamos un fragmento do vídeo que gravamos ese día, onde fala da poesía galega actual e dalgúns poetas da súa xeración. Proximamente colgaremos outro fragmento.
Téndenos que perdoar a nosa inexperiencia coa