En marzo deste ano 2018 vén de celebrarse o 90 aniversario da
publicación do poemario de Manuel Antonio De Catro a Catro. Follas sen data dun diario de abordo. Con motivo desta data tan sinalada, desde o concello organizaron unhas actividades para conmemorar a publicación desta obra e dar a coñecer a poesía do ilustre escritor rianxeiro. Propuxéronnos participar, xunto co resto dos centros de ensino do concello, tanto na lectura dos poemas de Manuel Antonio o pasado día 23, como a realización de murais e debuxos sobre a temática que ocupan os seus versos. Nós elaboramos no centro un dos murais que se colgaron na casa de Manuel Antonio e tamén colaboramos na escrita dos seus poemas nas rúas da vila. Colaboramos na elaboración de follas para colgar nas árbores das rúas do centro con termos propios dos seus poemas.
Xosé Luís Axeitos, escritor e investigador galego orixinario de Asados (Rianxo), comeza a falar dicindo que a mellor biografía de Manuel Antonio se atopa na súa propia obra: A medida que escribe, vaina facendo. Tamén considera que unha boa maneira de contala é a partir das fotos que se conservan tanto del só como coa […]
Paula Ordóñez elaborou este vídeo ao que lle puxo a súa voz lendo o poema Bando de Manuel María
Por Ricardo Losada
Entre os meus recordos máis prezados están os momentos nos que oín por primeira vez ideas que me romperon completamente os esquemas de adolescente ou de universitario. Adoito dividilas en dous tipos: aquelas coas que estaba de acordo, e aquelas coas que non. O curioso é que sempre aprendín máis das últimas. É unha das razóns de que Nietzsche e Schopenhauer sexan dous dos meus filósofos de cabeceira. Coincido moi pouco coas súas propostas pero ensináronme moitísimas cousas sobre o ser humano. Schopenhauer, por exemplo, que o amor de nai é un amor egoísta ou que a natureza privilexia a especie sobre o individuo (eu impórtolle un carallo!); Nietzsche, iso tan falso pero tan preciso de que cada instante da túa vida é decisivo porque concentra todo o pasado e proxecta todo o futuro, ou iso tan impreciso pero tanverdadeiro de que todo o que se fai por amor faise máis alá do ben e do mal.
Por X. Ricardo Losada
Para Xerardo Agra Foxo
Encántame esta frase de Nadal: “A repetición dáche automatismos e os automatismos danche o éxito”. Resume perfectamente o concepto de hábito de Aristóteles. O filósofo grego dicía que as virtudes morais non se acadan por natureza, senón por aprendizaxe, é dicir, con práctica e repetición. Só así xeran en nós unha disposición permanente, un hábito bo, que permite realizar con pericia, e de forma case natural (unha segunda natureza, chámalle), calquera tarefa. Pero o máis fermoso da teoría é que esa virtude ética, por non ser innata, é un exercicio de liberdade. Contra o que pensa moito incauto, esa virtude automatizada, lonxe de converternos en máquinas, é a proba máis evidente de que somos libres, pois busca o que a razón ensina que é bo sabendo que a razón non é suficiente para unha vida virtuosa. Se a vontade dunha persoa non é adestrada con disciplina para realizar o correcto, é improbable que o faga, por moito que a razón llo mostre.
Sergio Lamas FIgueira. Negra sombra on PhotoPeach