Recolleremos aquí referencias, arquivos de son e vídeos que sexan da música actual que se fai en galego, respectando os dereitos de propiedade dos seus autores
Nesta ocasión as Xornalistas do Muriel reciben no IES Félix Muriel a Helena de Alfonso e a Jose Lara Gruñeiro, ou o que é o mesmo, Barahúnda.
Da man de Claudia e Sonia coñeceremos un pouco mellor este grupo musical afianzado en Rianxo cun xeito moi seu de facer música.
Esta é unha actividade desenvolvida por membros do EDLG do IES Félix Muriel de Rianxo.
Hoxe botamos a andar e a bailar e a cantar con Verto
Por Laura Vicente, Noa Piñeiro e Silvia Rial (2º ESO D)
O pasado luns 18 de decembro tivemos o pracer de coñecer ao grupo musical Ezetaerre, composto por, Juan, Miguel e Pedro. Presentáronos os nosos compañeiros Bernal Muíños e mais Brais Rodríguez. Houbo moitos espectadores no salón posto que é un grupo musical moi bo ao que moitos estudantes do centro lle teñen moito cariño e son seguidores dende que comezou a compoñer o grupo.
Para máis información visita a páxina en rianxofala.com onde temos colgados os vídeos
A canción “Con paus e pedras”
Para ver a información do grupo fai clic na imaxe que che interese
Tal e como vos anunciabamos na nova anterior, dedicamos este trimestre a difundir o proxecto de Música en galego co que traballamos xa desde hai dous anos.
Como complemento, editamos este calendario no que incluímos parte dos cartaces que deseñamos para a exposición, destacando aos grupos rianxeiros. Aínda que o proxecto orixinario se centrou na música actual, como este curso comezamos cun traballo arredor dos primeiros grupos que cantaron en galego a partir da ditadura, incluímos xa aquí ao mítico grupo Os Rosales.
Descargar en PDF: CALENDARIO 2017-web