Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / ...
Traballos de música galega

Traballos do alumnado de 2º de ESO sobre grupos galegos que cantan en galego.

Artigos nesta sección:

Metallica é un grupo de Thrash Metal que se formou en 1981 nos Ángeles. Os membros que formaron este grupo foron James Hetfield, como guitarrista rítmico; Lars Ulrich, batería; Dave Mustain, guitarrista solista; e Cliff Burton, baixista.
 Dave Mustain marchou do grupo tras ter problemas con James e formou o grupo de Megadeth, foi destituído por Kirk Hammett. Cliff Burto está proposto como o mellor baixista de todos os tempos no sector do Metal. Este deixou o grupo tras a súa morte nun accidente de autobús cando ía de xira co seu grupo. Esta morte foi moi estraña porque unha horas antes da morte, Kirk e máis Cliff xogaron ás cartas apostando quen durmía na liteira da riba que era na que durmía Kirk, esta aposta ganouna Cliff, e  cando sucedeu o accidente Cliff saíu pola ventá do autobús e morreu nese mesmo intre. Este foi substituído por Jason Newsted, que durou quince anos como baixista de Metallica, e logo reemprazado por Roberto Agustín Miguel Santiago Samuel Trujillo Veracruz tras un enfado con James.

Ola boas, esta presentación en power point trata sobre Ivete Sangalo, unha coñecida cantante en lingua portuguesa. Podedes ver información persoal e profesional sobre ela.

A música é unha forma de vida.

Música = Verdadeira linguaxe universal.

A música é unha forma de liberdade.

A música relaxa.

A vida, sen música sería un aborremento.

A música serve para axudarnos a baleirar a mente e olvidar o que pasa ao redor.

Sen a música nós non seriamos nós; sen a música, o mundo non sería o mundo.

Chámanse Cornelius 1960,  é grupo pop procedente de Vilagarcía de Arousa e foi creado no ano 2004 entre uns amigos. O seu estilo mestura rock, funky  e pop e  usan o inglés como idioma nas súas cancións.

Os membros de Cornelius son David Caneda «Chiquillo» (voz), Toni B. Willish (guitarra), Antonio Casado «Abuelo» (guitarra),  Andoni  Arcos (baixo   e coros), José Antonio Vilas (órgano, piano e teclados) e Ton Risco (batería e percusión).

"Contravento" é unha composición instrumental de Xosé Ramón Vázquez, compositor, arreglista e intérprete dos teclados do grupo folk galego Fía na Roca.

A estructura formal consta de tres temas de oito compases con variacións instrumentais.

Aquí tes a páxina do grupo www.fianaroca.com/ca/web/index.php

Esta danza é unha polca que chegou ó noso folclore desde Centroeuropa

É unha danza popular procedente da Bohemia que se puxo de moda aló polo século XIX. Ten compás binario e báilase con pasos laterais

 Podes escoitala neste enlace:

O xoves día 20 de Xaneiro produciuse unha saída a Santiago para asistir a un concerto e unha exposición de fotografía chamada “Korda. Coñecido, descoñecido”.
A audición comezou ás 11:00 onde se interpretaron temas compostos por Johann Sebastián Bach durante varios anos da súa vida. O director do concerto comezaba cada obra explicando o que se ía a tocar e as características da peza, o que se demostraba logo cando os músicos comezaban a tocar.
O concerto durou aproximadamente unha hora na que se tocaron varias pezas con distintos instrumentos.
A exposición de fotografía recollía unha pequena parte de toda a recompilación de fotografías da vida de Korda, que é coñecido pola famosa foto do Che Guevara. Había fotografías, tanto da etapa na que fotografaba no seu estudio nun piso de Cuba, como daquela na que se introduciu nas expedicións de Fidel Castro fotografando a pobreza do pobo e o poder do xefe Fidel.

24 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.