A maioría das veces, cando queremos usar unha aplicación, temos que instalala. Este proceso dura algúns minutos e crea un directorio no disco duro do computador onde estará toda a información relacionada co programa que se necesita para usalo. As aplicacións portables non necesitan ser instaladas, podes simplemente executalas e comezar a usalas de inmediato. O único que tes que facer é descargar o arquivo e gardalo nalgún lugar.
Para todos os que empregades dispositivos con Android presentamos está páxina que vos vai poñer ao día.
ClipConverter é unha aplicación gratuíta para converter multimedia que permite pasar case calquera dirección web de audio ou video cara aos formatos máis comúns. Servizos actualmente soportados: Descarga Directa, YouTube [720p, 1080p, 4K], Vimeo. Este, gratuíto e rápido, convertidor permite ver todos os vídeos favoritos de YouTube no teléfono móbil, PC, TV ou case calquera outro dispositivo.
Como converter un video de YouTube?:
Nesta páxina encontramos un xogo básico de robótica, con 5 niveis de dificultade. feito polo profesor Oscar Abilleira Se queres algo mais sobre o tema, dámosche outros dous enlaces
Esta ferramenta online permite xuntar ou dividir pdf . Na parte inferior dereita permite escoller o idioma de traballo (Inglés, Francés, Español, Protugués, etc). Fai clic no logo para entrar Fíxate na imaxe Esta ferramenta é de descarga gratuita. Preséntase como un lector de PDF pero permite facer algunhas cousas interesantes, como escribir encima, […]