Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
O youtubeiro Aquel-e ( que vén sendo Miguel Silva, ex-alumno do noso IES e colaborador do ENDL) recibiu o PREMIO EFICIENCIA COMUNICATIVA no concurso de Youtubeir@s deste ano. O vídeo gañador titúlase “O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto)” :
Non deixedes de escoitar a deportistas da nosa terra dar a súa opinión sobre a nosa lingua. En galego. Vídeo feito para os Encontros para a normalización lingüística do Consello da Cultura Galega, que este ano se centrou no ámbito deportivo.
O Club de Debate é un proxecto para a dinamización lingüística entre a mocidade
organizado polos Servizos de Normalización Lingüística de once concellos nesta edición de 2018: Ames, Carballo, Dodro, Ferrol, Narón, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, coa colaboración dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino secundario. A súa finalidade é contribuír ao uso oral do galego entre a mocidade e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal, promovendo a reflexión e o intercambio de opinións.
Miriam Pardal (4º ESO): Certame “Rosalía sempre viva”. Vídeo da súa actuación na Casa-Museo Manuel María
Sabela Loureiro (1º ESO): Certame “Rosalía sempre viva”. Actuación na Casa-Museo Manuel María
Irene Conde (1º-BAC): Certame “Rosalía sempre viva”.Casa-Museo Manuel María
Aldara Fernández (1º-BAC): Certame “Rosalía sempre viva”. Vídeo da súa actuación na Casa-Museo Manuel María