Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
9:45 h: Lecer con Rosalía, polas rúas de Rianxo
Reparto de versos de Rosalía de Castro polos locais de hostalaría de Rianxo. A cargo do alumnado do IES Félix Muriel
A partir das 10:30 h: Acto de homenaxe a Rosalía de Castro na Praza de Padrón
- Pregón do Día Rosalía de Castro 2020. A cargo de Helena Villar Janeiro
- Intervención do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez
- Colocación dunha coroa de loureiro no busto de Rosalía de Castro
- Recital poético e actuacións musicais ao redor de Rosalía de Castro, a cargo do alumnado do IES Félix Muriel
Degustación do Caldo de Gloria nos seguintes establecementos hostaleiros de Rianxo: Bar Abuín, Parrillada Ourense, O Costillar, Cafetaría Braisa, Bar Atalaia, O Curral do Marqués, Cafetaría Santa Columba e no IES Félix Muriel, o día 27 de febreiro ás 12.10 h
A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas siglas en inglés) foi fundada hai un século, en 1919. Para celebrar o seu centenario, a IAU organizou a campaña mundial NameExoWorlds, que permite que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado.
HD 149143 é a estrela asignada a España. É unha anana amarela parecida ao noso Sol situada a 240 anos luz de nós, na constelación de Ofiúco, o Serpentario. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros. O exoplaneta HD 149143 b foi descuberto en 2005. É un xigante gasoso un pouco maior que Xúpiter que orbita a oito millóns de quilómetros da súa estrela: tarda só 4,1 días en dar unha volta completa arredor dela.
A Agrupación Astronómica Coruñesa propuxo nesta campaña o nome de Rosalía de Castro para a estrela HD 149143, e o de Río Sar para o seu exoplaneta HD 149143 b.
Podedes votar xa e até o 12 de novembro no sitio web que creou o comité español da IAU: www.nombraexoplanetas.es.
Para empezar , debemos chamar a atención sobre o concepto de prexuízos lingüísticos. Con este concepto referímonos a toda valoración negativa que se realiza cara unha lingua ou cara os seus falantes manipulando, malinterpretando ou inventando a realidade a partir dos estereotipos. Este fenómeno débese principalmente ao concepto de diglosia, é dicir, a coexistencia en condicións de desigualdade de dúas linguas nun territorio, exercendo a lingua foránea, como hexemónica, os usos de maior relevancia e a lingua propia, como minorizada, usos limitados e restrinxidos ao ámbito familiar e ao rexistro coloquial. Este feito é o que se dá en Galicia co galego e co castelán, sendo o español o idioma dominante.
O feito que imos analizar desenvolveuse no reality Gran Hermano no ano 2011. Neste programa a coruñesa Marta López mostrou, sen lugar a dúbidas, un pensamento galegófobo ao deixar constancia dunha cantidade inmensa de prexuízos cara o noso idioma. Na súa intervención comeza afirmando que na escola os libros de texto eran en galego e que a docencia do profesorado se desenvolvía en castelán, mais que ela mercaba os libros en castelán porque dicía ´´falar mal galego´´ e, en consecuencia, ao non comprender correctamente todos os termos que se utilizaban nestas publicacións, dificultaban a súa memorización. Este aspecto non só reflicte un pensamento negativo cara o idioma propio de Galicia, pois podemos observar a sensación de preguiza por parte desta muller para informarse do significado dalgún termo, mostrando así a súa escasa formación e mesmo ignorancia.
Por outra banda , a relación entre falar un idioma e ter unha ideoloxía política determinada é outra das visións que esta concursante quere transmitir. Marta López asegura que pouca xente fala galego e que aquelas persoas que o utilizan son nacionalistas, cando en realidade , o feito de usar un idioma non condiciona ser de esquerdas,dereitas , de centro ou independentista. Este é un dos prexuízos máis recentes dende a chegada da Democracia a pesar da existencia de medidas e leis consensuadas pola cámara autonómica que regulan o uso deste idioma en diversos ámbitos.
En terceiro lugar, mostra que o galego non é un idioma válido para ligar, afirmando rotundamente que moitas persoas rexeitan a outras persoas polo idioma que falan. Así mesmo podemos observar como inicialmente Marta López mostra unha concepción do galego como un idioma bruto e feo polo uso do seseo e gheada, criticando ademais como unha gran parte da xente xove fala galego. Mais tamén debemos destacar como a súa compañeira di posteriormente que o acento galego soa ben e bonito. Posteriormente, maniféstase unha visión contraditoria por parte da concursante de orixe galega ao mostrarse de acordo ca idea manifestada pola compañeira, afirmando que a xente se avergoña do propio acento.
En definitiva , podemos observar como estamos ante unha situación real de prexuízos e de galegofobia, manifestada a través dunha coruñesa ignorante, con falta de criterio e carente de sentido crítico, que se contradí en máis dunha ocasión ao manifestar a súa opinión sobre o galego. Esta realidade, por moito que os medios de comunicación a pretendan ocultar en determinadas situacións, existe nunha proporción maior da que pensamos. Por esta razón, deben tomarse medidas que favorezan a erradicación de visións tan prexudiciais para cunha comunidade lingüística e social.
Galicia é un territorio no que conviven dous idiomas, o galego e o castelán. A lingua propia deste territorio é recoñecida como oficial dende a aprobación da Constitución Española do ano 1978, na que se recoñece a este territorio como Nacionalidade Histórica. A pesar diso, o número de galegofalantes diminuiu notablemente.
En primeiro lugar, debemos destacar algúns dos factores que están contribuíndo negativamente a este fenómeno. A presenza do castelán na maior parte dos medios de comunicación, da tecnoloxía ou da informática son aspectos que condicionan notablemente a situación actual da lingua galega. Neste sentido, non todo é negativo. Por primeira dende a publicación dos informes do Instituto Galego de Estatística do ano 2013, os datos relacionados co uso da lingua afirman que, no período 2013-2018 , aumentou o número de galegof
alantes nun 0.9%. Aínda que esta cifra sexa positiva, segue sendo preocupante, pois só algo máis da metade da poboación sabe utilizalo ou o emprega maioritariamente.
Por outro lado, debemos destacar do mesmo xeito, que o número de pais que deciden educar os seus fillos na nosa lingua aumentou nunhas proporcións pequenas, alcanzando un 44.34%, mentres que un 62% utiliza castelán e galego indistintamente no fogar. Mais nas xeracións novas, a pesar de que falen máis galego, diminuíu a conciencia lingüística. O 26 % dos xoves afirman que non saben falar galego cando en realidade teñen coñecementos suficientes para o seu uso, un aspecto que resulta paradoxal ao observar que é o idioma que maioritariamente utilizan en todos os ámbitos ou na maior parte deles.
En terceiro lugar, debemos destacar que a presenza do galego nos medios de comunicación é cada menor. Dende a primeira aparición dun medio de comunicación en galego durante o Franquismo coa emisión dun programa da BBC Radio na nosa lingua, este idioma non se consolidou por completo neste ámbito. Actualmente neste sector existen a Radio Galega e a Radio Galega Música de programación xeralista, mais habitualmente esta emisora recibe moitas críticas dos oíntes polo escaso contido de música galega durante os seus programas e espazos. A isto hai que engadir que a presenza do galego noutros medios audiovisuais é escasa. É un feito que RNE só emite durante unha hora en galego na súa programación durante a desconexión territorial e que outras canles de radio de orixe galega utilizan en todo momento o castelán nos seus espazos. Isto é algo que non deixa de sorprender.
En conclusión , o galego está resistindo, vivindo unha melloría nunha proporción moi pequena, ao estar condicionado por factores sociais que influencian negativamente o futuro do idioma. Se se loita por estender o uso normalizado da lingua propia de Galicia, estas cifras deberían reflectir unha melloría significativa.