Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
Este martes imos participar nas videoconferencias do IV Día da ciencia en galego.
O alumnado de 1º de ESO anotouse á de Marilar Aleixandre
e o de 4º ESO á de Jorge Mira.
Miguel Anxo Prado é o debuxante galego con maior recoñecemento internacional, dende que publicou o seu álbum Trazo de xiz, en 1990. Famoso tamén porque presentaba o programa infantil que máis colaborou na normalización do galego, O Xabarín Club, na TVG. Pódese dicir que o Xabarín non é o mesmo dende a súa ausencia…
O pasado día 10 de xuño estes moz@s de 1º de Bac. participaron na videoconferencia cos estudantes de galego de Oxford. Durante unha hora falaron dos intereses duns e doutros.
Os nosos estudantes preguntáronlle pola educación alá, as materias que imparten, as razóns polas que estudan galego,etc.
Foi unha experiencia moi enriquecedora tanto para uns coma para os outros.
Nesta nova entrega Manuel N. Singala, director do SNL da Universidade de Santiago, explícanos o que é un “prexuízo lingüístico”; a educadora e pedagoga Tania Merelas dános unha serie de pautas para afrontar o verán coas crianzas en familia; Lines Salgado tamén lle tira proveito ao termo “Vacacións” na sección “Palabras do ensino”; e Gracia Santorum agasállanos novamente coas súas deliciosas propostas lectoras… e non esquecemos meter na maleta do verán a nosa lingua, para que ande descalza e libre pola area…
Durante a videoconferencia preguntámonos uns aos outros polos nosos intereses e plans para o futuro.
Vimos de saber que a Xunta se negou taxativamente a incluír o Día de Rosalía no calendario escolar, mais si que engadeu o Día do Consumidor….
Esta actitude por parte da Xunta pódese definir como un auto-odio á nosa patria, xa que Rosalía é un símbolo moi importante da nosa literatura, presente no ámbito educativo. Unha muller que fixo historia e que representa para moitas e moitos a Galiza.
Este é un acto máis por parte da Xunta de rexeitamento á nosa lingua e cultura…