Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
Así é como titulo eu esta noticia, unha noticia que unha vez máis demostra que este goberno non acepta a cooficialidade das outras linguas que non sexan o español, neste caso atenta contra a nosa lingua, contra o galego.
O noso instituto conseguiu o primeiro premio de boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso 2012-2013 que concede a Consellería de Educación na sección de Mellora da aprendizaxe e do uso da lingua galega. O proxecto do noso equipo de normalización é plurianual e interdisciplinar e leva anos traballando na mellora dos usos […]
O pasado mes de novembro, no marco do mes da ciencia en galego, estivo connosco Carlos Salgado, profesor da USC. Así, como se ve neste vídeo, empezou o noso contacto
Podedes escoitar toda a charla no seguinte vídeo que está ao final do artigo de Cristina Cambeses (2º Bac. A) sobre este tema.
O pasado martes día 12, o afamado físico Jorge Mira, máis coñecido como colaborador en Cifras e Letras, realizou unha videoconferencia conectando con noventa centros, incluído o noso. Durante media hora expuxo como os antigos gregos realizaban complexos cálculos matemáticos relacionados co universo: tamaño da Terra, da Lúa e do Sol e das distancias entre eles. Foi moi didáctico e moi claro e entendemos todo ben.
No noso centro organizamos un concurso para elexir o debuxo que levaríamos á reunión da Coordinadora dos ENL do Barbanza para elexir a imaxe do calendario 2014, o lema é “O noso mar fala”
A nosa gañadora foi Irene Fernández Romero (1º D):