Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
Xa sexa mediante datos estatísticos, informarnos para logo facer un debate ou incluso ver vídeos informativos tanto a nivel do noso territorio como a un nivel internacional onde outras linguas sofren situacións moi parecidas á da nosa lingua, vemos que sempre vamos ter algún obstáculo no camiño á hora de querer expresarnos coa lingua que nos gustaría.
A día de hoxe, na sociedade actual, moi poucas persoas teñen a facilidade de escoller a lingua coa que queren falar habitualmente, non só na súa rutina diaria, senón en todos os ámbitos sociais nos que teña que desenrolar algún tipo de tarefa.
A partir de mañá podes escoller os adhesivos que máis che gusten para poñerlle aos teus agasallos. Repartímolos desde o ENDL, sinalando que o galego pode ser o mellor agasallo.
Lembra miralos todos porque podes escoller:

Como xa anunciamos no seu momento, o grupo Ezetaerre vai estar o vindeiro luns día 18 no noso IES de 16,30 a 18 h. Grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Rianxo temos a oportunidade de que o alumnado do Equipo de normalización, e mais algún outro grupo ata completar o aforo do salón de actos, escoite en directo a este grupo de hip-hop que emprega o galego para producir a súa música.
Segundo publicamos no cartaz elaborado dentro do noso proxecto de música en galego, o grupo está formado por tres mozos que comezaron a súa andaina no ano 2015 e ata o momento xa publicaron 3 discos.

A Casa-Museo Manuel María organiza un concurso de videopoemas que ten por Dfinalidade a potenciación da creatividade artística e mais o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María. Le as bases e anímate a participar
Na mañá deste venres 24 de novembro celebraranse dúas contadas da actriz, escritora e fotógrafa uruguaia, Soledad Felloza , unha para 1º da ESO (11,20) e outra para alumnado de 4º ESO (12,30h).
Baixo o título O comezo do mundo vai ofrecer unha selección de contos e historias de mulleres, baseadas en mulleres ou que teñen un fío condutor común na orixe do ser humano e no valor da palabra.
Esta actividade pódese ofrecer grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. A actividade pretende achegar o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, precisamente da man dunha muller (cando se celebra a semana en contra da violencia de xénero), que ademais é de fóra de Galicia pero que ao vivir na nosa terra asumiu a lingua do país como propia e que desenvolve unha parte importante do seu traballo en galego.
Seguimos con actividades para promover a ciencia en galego. Dada a temática deste ano, deixámosvos este vídeo moi bo sobre Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica.
A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos (Teo-A Coruña) celebra este ano a 14ª edición do Concurso de Poesía Anomar, que como novidade nesta edición creo un enderezo de correo electrónico propio para o concurso, e así evitar que se perda algún poema nos correos diarios que recibe a entidade: As categorías do concurso son: – […]