Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
Por Aldara Fernández Vicente
Tras debater sobre a cuestión de se somos libres de falar a lingua que queremos, chegamos á conclusión de que non. Se nos introducimos no contexto galego, a resposta será aínda máis obvia. O feito de ser libres en Galicia neste ámbito segue sendo imposible no século XXI.
Por Alba Rial
Nun país onde conviven dúas ou máis linguas non é de extrañar que surxan opinións de todo tipo. Diversidade de opinións hai ao repecto. A liberdade lingüística non é máis que a liberdade que ten cada persoa para elixir lingua, en todos os ámbitos da súa vida.
O artigo 20 recollido na Contitución española de 1978 di que todos os cidadáns por igual, temos liberdade de expresión, en todo momento. E polo tanto somos libres de elixir lingua.
Infinidade de documentos hai como estos nos que se reinvindica o dereito a elixir, o dereito á elección da lingua que queremos falar
Por Antía Outeiral Rodríguez
Temos realmente a liberdade de escoller a lingua que queiramos utilizar?Eu sinceramente creo que a resposta é un rotundo non, e que esta xustificada por numerosos factores tanto políticos coma sociais que comentarei e analizarei de seguido.
En primeiro lugar, a sociedade é un factor moi decisivo na elección nunha lingua por moitos motivos , con isto refírome aos prexuizos que existen hacia algúns idiomas de forma que as persoas os consideren vulgares, incultos ou inferiores a outro idioma considerado mellor e cambien a lingua coa que se sinten cómodos pola que creen que lles beneficia nos ámbitos que consideran importantes producindo desta forma o fenómeno denominado diglosia, un exemplo moi común é que nálguns traballos obriguenche a falar castelán por que os xefes pensan que así terán maiores beneficios.
O debate realizado nas aulas de galego deixa á vista que en realidade os galegos non temos liberdade para escoller a nosa lingua.
Os galegos dende a imposición do castelán deixaron de ter verdadeira liberdade para escoller a súa lingua. Na sociedade actual en toda Galiza potenciase o castelán e mesmo o inglés, o galego por outra banda é deixado de lado, un claro indicio da desigualdade entre as linguas, o que fai imposible a liberdade.
Agasallo.eu é unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Para que se coñeza o que existe en galego !
Quixemos no noso ENDL difundir esta iniciativa normalizadora e de paso deixar a nosa pegada ao querer mover conciencias. Así deseñamos estes cartaces que vedes aquí, un que dá paso á exposición dos paneis feitos cos agasallos que se poden facer en galego. O outro… lembrando que o galego é o noso mellor agasallo!
A liberdade lingüística leva sendo un gran debate durante moitos anos porque, aínda que todos pensemos e teñamos claro que si, en verdade, somos libres de escoller a lingua que queiramos?