Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.
O vindeiro sábado 7 de abril, o auditorio de Rianxo vai acoller a FASE LOCAL do Club de
Debate 2018, na que participarán, canda o alumnado do IES Félix Muriel, os equipos dos
IES de Pontevedra, Marín e Dodro incluídos nesta fase local.
Podemos elexir a lingua na que falamos en cada situación?
Durante moitos anos a nosa lingua foi desprestixiada en moitos ámbitos e o seu uso reducido aos pobos rurais. Na Constitución, no apartado das comunidades autónomas díxose: “O fomento da cultura, da investigación e, se é o caso, do ensino da lingua da comunidade autónoma” e así se fíxo.
por Candela Lustres
Na miña opinión, non creo que haxa liberdade lingüística actualmente, eu considero que nos atopamos nunha sociedade con moitos prexuízos que inflúen sobre nós e aos cales nos adaptamos moitas veces. Moita xente imponse á nosa lingua e fomentan o aborrecemento e odio a esta. Por que os nosos fillos non poden ser educados na lingua que nós queremos? Se de verdade existira a liberdade, isto non pasaría hoxe en día…
por Paula Otero
Todas aquelas persoas que sexan conscientes de que o galego é unha lingua minorizada, deberían darse conta de que non somos libres de escoller a lingua que desexamos falar, debido a que estamos continuamente sometidos a prexuízos lingüísticos acerca do galego, e iso, entre outras, cousas fai que non teñamos unha liberdade absoluta para escoller a lingua que desexamos falar.
Moita xente cre que si que somos libres de escoller a lingua que queremos falar, pero eu persoalmente, opino que non o somos.
Hoxe celebramos o último día da Semana dedicada a homenaxear a Rosalía de Castro. Durante os recreos, cun Foto-Col de Rosalía que sorprendeu a case todo o mundo. Houbo fotos e houbo coles, versos de Rosalía e Caldo de Gloria
Desde a Fundación Rosalía de Catro queren conmemorar o Día de Rosalía (24 de febreiro) lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz.
Desde o IES Félix Muriel queremos lembrar que hoxe é o Día Internacional da Lingua materna. Para iso inauguramos o pintado das columnas que unen os dous edificios, onde se pode ler o lema: “Rianxo medra, cando falas” ou ben “Cando falas, Rianxo medra”
O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.