Por Celia Arcos (1º ESO A) Europa é un continente plurilingüe, é dicir, nel fálanse diversas linguas, con cadansúas características e variantes propias. Para comezar teño que aclarar unha cousa, as fronteiras políticas non corresponden ás lingüísticas, o que quero dicir con isto é que non hai unha lingua en cada país, poñamos como exemplo […]
Arancha Rodríguez foi subcampiona no Campionato de España de Ríos e Travesías, disputado xunto á terceira Copa de España de Maratón.
Na categoría xuvenil que é na que está a nosa compañeira Arancha participaron dez mulleres, aínda que a saída foi mixta, xuntando a categoría femenina de canoa xunto á masculina.
Ela leva competindo …
Por Bernal Muíños
Para un sector da sociedade galega, se algo marcou a súa infancia e influíu no seu xeito de ser na idade adulta, foi sen dúbida o “Xabarín Club”. Moita xente garda entre os seus recordos máis felices o bocadillo de Nocilla mentres vía Dragon Ball, Shin Chan, o Detective Conan ou Código Lyoko. Esa mocidade criada con series e música en galego resulta ser un dos grupos de maior compromiso e conciencia ca lingua. É a chamada “Xabaxeración”, a exemplificación do éxito dun proceso normalizador.
Alumnado do proxecto de radio RIANXO FALA durante a visita ás instalacións da RTVG e a entrevista improvisada que Kiko Novoa e Carlos Jiménez, lles fixeron en directo durante a emisión do programa Galicia por diante.
O pasado mércores 23 de maio de 2018, o alumnado do ENDL que participa na radio visitou as instalacións da Radio Galega. Aproveitaron a ocasión para dun xeito informal, entregar na radio pública galega unha carta reivindicando máis audiovisual en galego para a súa idade. A iniciativa saíu do grupo-aula de 1º ESO A, cuxo alumnado participa na súa maioría na actividade radiofónica Rianxo Fala e que elaborou esta carta dentro do proxecto que están a desenvolver nas materias de lingua galega e lingua castelá. Esta é a carta que se lle deixou alí.
O pasado mércores 23 de ma
io, o alumnado que participa no proxecto de radio Rianxo Fala, visitou as instalacións da RTVG . O percorrido estivo guiado polo responsable o arquivo sonoro, Carlos Lozano, quen lle explicou ao alumnado asistente como funcionan os diferentes departamentos desta institución e como se realiza un programa de radio. Durante a visita, unha representación dos asistentes tiveron a ocasión de participar en directo no programa “Galicia por diante” que dirixen Kiko Novoa e Carlos Jiménez. A xornalista Belén Regueira que tamén estivo presente no programa, mostrou especial interese polo traballo desenvolvido na nosa emisora Rianxo Falae sacou unha fotografía co grupo.
Por Alicia Fernández Ínsua
Circe ou o pracer azul é unha novela exemplar que amosa a beleza dos mitos clásicos, indagando nesa pequena historia que nadie conta pero que existe, e que Begoña Caamaño soubo narrar con delicadeza. Impresionoume desta obra a soltura e a forza que a autora emprega en cada páxina, convertendo unha simple descrición dun paxaro ou mirada ao horizonte do mar en pura maxia. Representa o papel guerreiro da muller a pesar deses tempos, pois a raíña Penélope, ante a espera do seu home Ulises, tras catorce anos, tivo que tomar na súa man o poder e reinar Ítaca, afrontándose á vez a salvaxes e irrespetuosos que cegados pola súa ambición ansiaban o trono de Ulises, afrontando a incertidume da chegada do seu amado, afrontando o crecemento rápido do seu fillo Telémaco ante a ausencia do seu pai, e representando ao mesmo tempo a unha muller disposta a renunciar os seus desexos para cumprir co seu deber.