Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'REDACCIÓN'.
Era un airiño soave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.
 

Era un recendo de rosas
de roseira de ningures,
que se meteu pola porta.

Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.

Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas …

¡Eras ti!

   Manolo Senra é un dos pilotos máis carismáticos de Galicia. Cos seus 5 títulos de campión galego ás súas costas, o bravo piloto de Dumbría creou un oco dentro da historia recente do automobilismo galego. Iniciouse no mundo da competición de mans da Escudería Compostela no ano 1984 cun Renault 5 GT Turbo, co que comezou a dar as primeiras pinceladas do que ía ser, a posteriori, un dos maiores ídolos de toda a afección galega.

     Natural de Olveira (Dumbría), onde rexenta un Servizo Oficial Peugeot, colleu unha grande afinidade pola marca do león, competindo nos anos posteriores cun 205 e un 309, facendo as delicias do respectable, para con posterioridade facerse cun 306 Maxi, xa coa súa propia escudería Senra Sport, vehículo que lle proporcionou ou seus maiores logros deportivos.

       Actualmente só participa en rallyes co afán de agradecer o apoio dado pola afección e mais polo pracer da condución deportiva, coa que este home é capaz de dar un dos maiores espectáculos que vin ó longo da miña vida. Dende aquí doulle un cordial saúdo e espero poder volver gozar da súa presenza  nos vindeiros rallyes.

Intercambio co IES “Santiago Basanta” de Vilalba

Intercambio co IES Santiago Basanta.

Ola!!! Bos días

Chámome Inés Vázquez Mosconi. Teño 12 anos e vou en 1º de ESO E.

Son membro do ENDL desde principios de curso.

Gústame: xogar á wii, estar no meu ordenador e estar cos meus amigos,…

Odio: a xente parva, aos chulos,…

Adeus

4 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.